Ligas FSF: Cotelo e Avenida escapan en Corme mentres Vilar apreta á TabernaMeuCompadre en Santa Comba

Co parón carballés, están as Ligas de FS de Corme e Santa Comba que ferven. As clasificacións seguen ben apretadas.
4 arriba na Liga Fs Santa Comba

Se ben a comezo de tempara parecía que O Boguiña ía levar o título sobrado, parece que perde fol. En todo caso, a liga está tremendamente igualada, con 4 puntos a día de hoxe en apenas 3 puntos. Lidera a Taberna do Meu Compadre, pero por detrás chega fortísimimo Vilar de Céltigos, que se reforzaba con 3-4 fichaxes aló por decembro e parece que ten un dos quintentos mais destacados da clasificación con Álvaro na porta, Roli (o pichichi destado da liga) e nomes Braulio, Cristian ou Ovidio, unha das figuras da Liga este xogador dos Veteranos do Xallas.
Veremos que acontece hoxe, pois dos 4 de arribas, xa venceu o Pizzería Mamma mía (sen necesidade de xogar), e teñen partidos, a priori asequibles, MeuCompadre, Vilar e Boguiña.
Dous destacados en Corme

Ata o 11 de marzo no nhaberá máis liga polo entroido e pola Mikaela, pero en Corme, Transportes Cotelo e Bar Avenida son os grandes favoritos a falta de 5 xornadas. Ademais enfróntanse en dúas xornadas.
Bos nomes os que loce o Cotelo, co pichichi da Liga da Costa Alejo, como porteiro, acompañado de Lucas, o seu surtidor de asistencias nese temido Corme CF.
Polo bando do Avenida, baixo paus sitúase Brais Álvarez, un dos destacados, e Luís Montes convirte ao equipo en gran aspirante.
Ollo que a só 5 puntos está Os Aldeáns, un forte equipo que terá varios enfrontamentos directos e se pode meter de cheo na pelexa.
En canto remate a Liga haberá un Torneo de Copa, con grupos de 4 equipos, dos que pasarán os 2 primeiros a seguinte rolda.
Máis información en www.futboldacosta.com
Novas relacionadas
- Decembro 2016: A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba: <
- Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba.
- Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco.
- En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión.
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.