Martes. 23.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Duro varapau

Ligas Galegas: Duro varapau
O Dumbría cadete preto do descenso-Foto-Veteranos Dumbria O Dumbría cadete preto do descenso-Foto-Veteranos Dumbria

Malas novas para o equipo Cadete do Dumbría na máxima categoría. Os de Huelvis viron pasar un dos últimos trens da salvación, pero o Bora escapouse. A 9 puntos queda xa a permanencia para o cadro cadete despois de perder ante un rival directo, ao que puido ter adiantado na táboa e agora lle saca 4 puntos.
Agora a salvación complícase, pero por esforzo e compromiso non debe de quedar, tendo en conta que a categoría é moi igualada e que unha xeira de un par de resultados positivos meterían o equipo de cheo na pelexa.

Os que non perden comba son os Xuvenís, que volveron gañar e quedan a 4 puntos de Vilalbés e Conxo.

Liga Galega Xuvenil, xornada 21

  • Resultado: O Val - Dumbría (1-3).
  • Dumbría: Jorge, Jacobo, Eloy, Canario, Maikel, Yeray, Marcos, Mauro, Edu, Juan de Dora e Ismael. Tamén xogaron: Javi e Borja.
  • Goles: 0-1, m.30: Edu dende 30 metros; 1-1, m.40; 1-2, m.65: Canario de falta pola escuadra; 1-3, m.75: Edu de novo cun o tiro dende lonxe.

Sen parada

Cun equipo plagado de baixas, no que só había 2 xogadores de último ano e con tan só 2 cambios, prantouse o Dumbría Xuvenil no Campo do Val. Empezaron os de Leis e Lobelos tratando de controlar o partido pero non lle foi fácil, tanto as pequenas dimensións do campo como a intensidade e calidad do rival facian imposible unha boa circulacion do balon, adaptouse mellor o Val e combinaba con peligro pero un zapatazo de Edu desde 30 metros colouse na porteria local facendo o 0-1. O Val apretou a partir de aí e tivo ocasions para igualar, pola contra o Dumbría puido facer o segundo tamén.

Tras o descanso seguía a mesma tónica, e aparecía Canario cun lanzamento de falta a escuadra para colocar en ventaxa o Dumbría e na parte final do partido de novo outro zapatazo de Edu colabase pola escuadra facendo o 1 -3 definitivo.

 

División de Honra Cadete, xornada 21

  • Resultado: Bora - Dumbría (3-1)
  • Dumbría: Isma; Martín, Ayoze, Luís Mayán, Erre; Brais Fdez, Josiño; Mario, fabio, Juan Álvarez; Tajes. Tamén xogaron, Lojo, Moi, Fran Moreira, Jonnhy.
  • Goles: 1-0, m.9: Fran Muñoz recolle un rechace no borde da área dumbriesa e marca dun gran tiro co exterior; 1-1, m.10: Fabio culmina dentro da área unha gran xogada colectiva pola esquerda entre Erre, Juan Álvarez e Tajes, que asiste a Fabio; 2-1, m.27: Adrián Barreiro resolve con velocidade unha contra pontevedresa; 3-1, m.71: Álex Fontán marca de cabeza, logo dun centro desde a esquerda.

Duro varapau

Varapau duro para a moral do Dumbría cadete o que recibiu en Monteporreiro, diante dun Bora, máis intenso e consciente das súas limitacións e dos seus potenciais. O partido comezou parello, ainda que xa se intuía que o Bora iba a conceder pouco atrás, e buscaría ás saidas rápidas logo das perdas do rival. Pronto chegaron os goles. Adiantouse o Bora, logo dunha serie de rechaces no entorno da área costeira, un dos cales lle caeu a Fran, que marcaba de gran tiro cruzado. Imparable.

Reaccionou ben o Dumbría, que fiou unha moi boa xogada, onde foron intervindo, Brais Fernández, Erre, Juán Álvarez, Tajes, que asistiu a Fabio, que marcaba de tiro colocado. O gol era unha evidencia do que lle facía dano ó Bora, o xogo polas bandas. Pero ó Dumbría costáballe atopalas, e pese a ter equilibrado o potencial ofensivo pontevedrés, comezou a caer en perdas de balón, que resultaron fatais. Unha delas, nun inicio dun ataque en medio campo, propiciou que as flechas do Bora, se abalanzasen sobre a meta de Isma, establecendo unha nova ventaxa local. Os últimos 10 minutos do Dumbría foron de acoso, con algunha acción de perigo, sobre todo , préto do descanso onde unha falta sacada entre Fabio e Josiño, a remataba Luis Mayán de espuela, e o despeje do xogador do Bora saía a rentes do pau.

O segundo tempo foi un querer e non poder por parte dos costeiros. O balón as contadas ocasións que chegaba ás zonas exteriores, con Martín nun lado e Erre no outro, intuíase perigo nos centros, ainda que os remates non eran claros. O Bora fiou todo á súa contundencia defensiva e a tirar algunha contra ou acción individual. nunha destas, a pasividade defensiva visitante propiciou un centro cómodo que remataba de cabeza álex, pondo a sentencia no marcador. O Dumbría tratou de tirar de orgullo e volcouse, pero faltou alma, fe e acerto, e os puntos quedaron en terras pontevedresas.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

Comentarios