Ligas Galegas: Un potiño quente e un xerro de auga fría
Continúa o mesmo guión para os dous equipos dumbrieses nas Ligas Autonómicos, e se parece que o ano que vén o cadro Cadete xogará na Liga Galega, esperamos ter a sorte de ver aos xuvenís na Liga Nacional.
Liga Galega Xuvenil, xornada 23
- Resultado: Órdenes - Dumbría (0-4)
- DUMBRÍA: Bruno, Eloy, Jacobo, Pablo, Canario, Yeray, Isma, Maikel, Juan de Dora, Marcos Mouro e Gabi. Tamén xogaron: Borja, Edu e Mauro.
- Goles: 0-1, m.23: Juan de Dora de falta; 0-2, m.45: Isma a pase de Juan de Dora; 0-3, m.81: Juan de Dora de penalti; 0-4, m.88: Juan de Dora presiona unha cesión ó porteiro e rouba para marcar.
Triplete
A pesar de seguir contando con varias baixas importantes (Roberto, Javi, Toja e Ivan Baña por lesion, Jose Miguel por sanción e Raúl, xa habitual do primer equipo ) e algún xogador como Mauro que se vestiu a pesar de estar lesionado, os dumbrieses sacaron adiante un partido de eses denominados trampa. Clave foi deixar a portería a portería a cero e esperar polas ocasións, e contar cun Juan de Dora que segue en estadode gracia.
Partido condicionado polo forte vento que dominou o Dumbría de principio a fin. Pouco a pouco foron caendo os goles.
División de Honra Cadete, xornada 22
- Resultado: Galicia Caranza - Dumbría (2-1)
- DUMBRÍA: Isma; Esteban, Ayoze, Luís Mayán, Erre; Josiño; Martín, Juan Álvarez, Fabio, Mario; Fran Moreira. Tamén xogaron Moi, Brais Fernández, Lojo e Jonathan.
- Goles: 0-1, m.14: Erre, remata de cabeza un córner botado por Martín; 1-1, m.32: Manu Vidal culmina de tiro cruzado unha boa combinación do ataque ferrolá; 2-1, m.55: Álex Fernández remata no segundo pau unha contra.
Xerro de auga fría
Xerro de auga fría, e non só pola chuvia na mañá sabatina ferrolana, senón pola sensación de ter deixado unha oportunidade de sumar importantísima, dado ademais o bo facer do equipo durante boa parte do encontro. O partido comezou coa idea do Caranza de tratar de sair co balón controlado, pero que sufría e moito diante da organizada presión dun Dumbría enchufadisimo. Durante os 25 primeiros minutos xerou 6 corners, e 4 ou 5 5 tiros con sensación de perigo, mentres o Caranza apenas superaba o medio campo, salvo con algún envío longo. Nesa fase de partido chegou o gol do Dumbría. Martín executou desde o canto, con precisión, na zona do primeiro pau, e alí irrumpía Erre entre a defensa para remachar de cabeza.
Non sería a única do lateral xalleiro, que estivo entre algodóns durante a semana, por mor de molestias musculares. Nunha boa combinación entre fabio, Juan Álvarez e o propio Erre, este plantouse diante do porteiro, pero o seu tiro foi rexeitado. Cando se albiscaba o final do primeiro tempo, o Caranza comezou a dar mostras de perigo. Algunhas perdas na elaboración dumbrinesa eran aproveitadas polos locais para acercarse a Isma, moi seguro durante toda a mañá. Logo de varias accións a balón parado do Caranza, chegou o seu gol, tras varias paredes, que culminou Manu de tiro cruzado.
O partido chegou o descanso coas espadas en todo o alto. Reanudouse equilibrado, co Dumbría agora en contra do vento e da chuvia que comezaba a arreciar. A primeira para o desequilibrio tívoa o Dumbría, tras un pase milimétrico de Fabio, que Juan controlou ben, e executou de dereita, a súa menos boa, e o balón marchou alto por pouco.
O Caranza comezou a ter máis veces o balón no entorno da área visitante, e nun despiste, tras unha perda, armou unha xogada rápida e profunda, que rematou no gol da victoria. Logo un toma e daca constante. O Dumbría buscando, con tiros de Juan, Josiño, Lojo, e o caranza contraatacando con espacios, chocando cun sensacional Isma. Na parte final do partido, cun Dumbría volcado, incluso con Ayoze de " Alexanco", non puido chegar o gol que premiara os merecementos do equipo costeiro, que coa entrada de Brais Fernández, Moi e Lojo, se fixera coa iniciativa do xogo, diante dun caranza, replegado que defendeu con uñas e dentes o seu traballado botín.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
- X.17: Sumando por Carlos.
- X.18: Os Xuvenís manteñen o pulso polo ascenso.
- X.19: De ti a ti ao Dépor.
- X. 21: Duro varapau.
- X.22: Dúas finais, unha alegría.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).