luns. 11.11.2024
El tiempo

Máis de dous anos do libro dos 50 anos da historia do Fútbol da Costa

Máis de dous anos do libro dos 50 anos da historia do Fútbol da Costa
Presentacion en abril 2015 do libro 50 anos da historia Futbol da Costa Xosé María Lema Suárez, José Manuel Ferreiro, Lolo Muiño e Chema Rei na presentación en abril 2015 do libro 50 anos da historia Fútbol da Costa-Foto-Santi Soneira Libro 50 anos do Futbol da Costa-Chema Rei e Xose M Lema Suarez Portada do libro 50 anos do Fútbol da Costa Queda na historia da Costa da Morte e co tempo darémoslle o valor real deste libro. Máis de dous anos despois da publicación do libro “50 anos da historia do Fútbol da Costa”, e tras unha ducia de presentacións, os autores Chema Rei e Xosé María Lema Suárez, can comezar a retirar os últimos exemplares que quedan distribuídos polas librerías da Costa da Morte. Polo tanto pode ser un das últimas oportunidades para facerse con esta auténtica enciclopedia do fútbol costeiro. Unha desas publicacións que provocan a envexa de todo o fútbol galego e que engrandecen o mito da nosa Liga da Costa. Foi o propio presidente da FGF o que na Gala recoñeceu publicamente que a Liga da Costa é quizais a de maior identidade dentro do fútbol modesto galego, pero debía saber que se iso é así é en boa parta grazas ás publicacións que se fixeron que deron lugar a que a Liga da Costa sexa a día de hoxe a única liga de modestos que figura en publicacións xerais do fútbol galego. Falamos da aparición destacada do noso fútbol en publicacións como "Historia do fútbol galego' (1997) de Anxo Varela (22 pp en total) e "Todo sobre o fútbol galego" (2012), de Carlos Freire, onde figura entre a Liga Española e a Liga de Campións. Falamos de "Historia do CD Baio e da Liga da Costa” do propio Lema Suárez no ano 1989; do libro “Mar de Paixón” de Porto e Pose; do libro "Do Esteiro á SD Esteirana”; do noso Álbum de Cromos; ou do traballo de webs como a finada www.corcubion.com, Piratas de Muxía ou a propia QPC. Todos acrecentaron e moito o que se deu en chamar "a lenda futbolística da Costa”, como comezou a denominar Anxo Varela.

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

Comentarios