Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Máis sexy que un desfile de Victoria´s Secret

Máis sexy que un desfile de Victoria´s Secret
Fin de semana para tolear no sentido positivo co menú de partidos, que ofertará un derbi de luxo por categoría e no que haberá moitas cousas en xogo Baíñas e Ponteceso xogarán dous encontros importantes - Foto: SD Ponteceso O seareiro neutral do fútbol da Costa da Morte terá que tirar unha moeda ao aire para saber onde ir nunha fin de semana na que cada categoría ofertará polo menos un derbi ou partido de proximidade xeográfica, no que ademais haberá moitas cousas en xogo. Por desgracia, a sombra dixital é longa no balompé modesto e será na maioría dos casos unha elección excluínte. A Preferente enfrontará a dous conxuntos que sobre o papel pelexarían polo mesmo, pero que agora camiñan en universos algo diferentes. Xallas e Soneira retoman a última final da Copa da Costa, pero o fan con máis diferencia do agardado de por medio. Non son os quince puntos, senón que no caso dos combeses os postos de ascenso difrecto están a só un triunfo, mentres que os vimianceses aínda non abandoaron as tres prazas de volta a Primeira. A Fontenla sempre foi un feudo propicio para os brancos, que enfrontamentos directos acostuman a funcionar ben. Pola súa banda, por Sofán pasará un Ribadeo inmerso na indecisión clasificatoria e perigoso especialmente no seu feudo. Non menos antagónico semella o choque de Primeira entre un Outes no seu momento máis brillante do curso e un Dumbría con case dous partidos de marxe sobre a segunda posición. Os de Alfredo Cambeiro veñen de acadar un puntazo en Sigüeiro, que ben puderon ser tres, e parecen unha ameaza para un líder con condición case de intratable, e que ademais recupera efectivos. Será importante tamén a visita do Fisterra a Riveira, ante un rival da mesma 'liga', así como a volta a San Andrés dun Zas que recibe ao Puebla, tamén algo imprevisible. Pouco lugar a debate deixa a Liga da Costa sobre cal é o seu prato forte da semana, cun Ponteceso lanzado medindo o momento dun Baio que ven de caer na casa co San Lorenzo. Tres puntos hai na táboa en favor dos de Pedro Gómez, e mentres polo rabillo do ollo miran Corme (que recibe ao Cee) e un Mazaricos que en Malpica terá partido trampa. É favorito na casa o San Lorenzo coa Esteirana, mentres que Cerqueda e Castriz protagonizan o choque de 'outsiders'. Pola permanencia serán o Laxe-Buño e o Corcubión-Coristanco, cos 'pataqueiros' crecidos tras quitarlle un punto ao líder. Na Terceira, Ameixenda e Lira, segundo e terceiro, loitan por confirmar a principal ameaza para o líder Muxía, favorito unha vez máis na súa visita a Cabana.  

PreferenteNorte, xornada 22

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 20

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 20

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 19

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 15

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 19

LigaGalega Cadete, xornada 19

1ªCadete, xornada 16

LigaGalega Infantil, xornada 18

1ªInfantil, xornada 18

LigaAlevínSur, xornada 14

LigaBenxamínSur, xornada 14

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios