Mala xornada para Bm. Camariñas e Xiria
Non puido o Bm. Camariñas traer nada positivo do Municipal de Loureiro. Os conserveiros fixeorn unha boa primeira metade pero lamentaron unha mala arbitraxe que co doble de xogadores excluídos que o cadro local, a pesar da súa dura defensa. Así, quedan os camariñáns 4º na Liguilla polo título, empatados co propio Carballal, a 4 puntos do líder e a 2 da segunda praza, un SAR que visita a vindeira semana o Areal.
Entrementres, en Liga Estatal, caeu o Calvo Xiria ante o Mecalia At. Novás, posiblemente a mellor plantilla da categoría, por 29 goles a 25 nunha xélida tarde de balonmán no Pavillón Municipal do Rosal, na que por momentos parecía que nin xogadores nin afeccionados entrarían en calor.
1ª Autonómica, xornada 7
- Resultado: Granitos Ibéricos Carballal - Balonmán Camariñas (22-21).
- BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Marcos, Borja (6), Moncho (1), Catalán (9), José Ramón (1), Jacob, Xabi, Perón (1), Damián (2), Carlos Pereiro.
Tiña o encontro controlado o equipo costeiro nunha primeira metade na que as defensas se impuñan aos ataques, pero os colexiados non medían con igual rasero aos dous equipos.
Aguantaron a primeira metade pero na segunda, os da vila do Encaixe estiveron moi fallóns diante da portería contraria, chegando a marrar tres penatis e varias contras claras. Así e todo chegaron con opción ata o último momento pero non puido ser. Cómpre destacar a labor de Catalán e de Víctor baixo pais.
1ª División Estatal, xornada 18
- Resultado: MECALIA AT. NOVÁS - CALVO XIRIA (29-25).
- Calvo Xiria 25 (11+14): Kike [p], Ramón (3), Jesús, Pablo (4), Cuco (2), Manuel (4), Sergio (4) -equipo inicial- Iago [p], Jorge (1), Gonzalo (4), Dubra (2), Mario, Brais (1).
Se xa de inicio era un rival moi complicado pola súa calidade individual, todo torceuse un pouco máis no derradeiro adestramento dos carballeses, unha forte contractura deixaba a Chimpo, o referente do equipo no lanzamento exterior, fora de combate nun partido no que o seu concurso era moi importante debido á fortaleza defensiva do 6:0 rosaleiro. Co paso dos minutos os camiños para os xogadores carballeses íanse pechando e a actuación de Esteban ante os extremos verdibrancos facía presaxiar o peor.
Así foi, é un parcial de 2-11 que daba unha diferenza de seis goles para os locais condenaba ao Xiria a unha remontada complicadísima. Os dez minutos que faltaban para o descanso foron, logo dun tempo morto, de persecución sen tregua, conseguindo o Calvo marcharse so tres goles abaixo no marcador. Semellaba que volviamos a ter encontro.
Pero cometeu un erro gravísimo o conxunto da zona escolar. Tratou de limar esa diferenza nada máis saír dos vestiarios arriscando máis da conta nas súas accións ofensivas. E iso aproveitouno á perfección o Mecalia que con catro rápidas contras puña no electrónico un +7 case que decisivo ante un rival con moita experiencia.
A pesar de todo os xogadores visitantes non arroxaron a toalla e loitaron ata o derradeiro intre por tirar algo positivo da súa viaxe ao Rosal, pero xa non houbo marxe a reacción.
Vindeira cita
- 1ª Estatal: CALVO XIRIA - UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR: sábado 02/03/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
- 1ª Autonómica: BM CAMARIÑAS - S.A.R. Plastic Omniun: sábado ás 19:00h no Areal.
Máis información
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título.
- O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición.
- O Bm. Camariñas vence pero non convence.
- O Bm. Camariñas empeza con mal pé a Liga polo Título.
- O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo.
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.