Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais


Mala xornada para os equipos de volei da zona. Pero boa para algún dos seus integrantes, pois ata 7 xogadores costeiros participaban esta fin de semana nas concentracións en Lugo coas Seleccións Galegas infantil e cadete.
Os xogadores convocados foron: do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee foron coa Selección Galega Infantil masculina o ceense Manuel Marcote, Xavier Pérez natural do Pindo, o corcubionés David Redonda e o alevín dumbriés Unai Larrañaga. Ademais do Volei Dumbría foron 3 integrantes do equipo na categoría cadete, como son a corcubionesa Ana Trinidad, o corcubionés Javier Domínguez e Juan Carballo, natural de Arcos en Mazaricos.
Mala xornada
Pero no tocante á xornada, os resultados non foron positivos. Os enfrontamentos dos equipos femeninos do voleibol da costa contra o Pinguela decantáronse claramante para as monfortinas. A superioridade foi clara do equipo lucense que é unha das potencias do voleibol femenino galego cun equipo en superliga2.
Os resultados foron:
- Manuela Rial - AD Pinguela de Monforte en infantil femenino 0-3 (13-25, 17-25, 13-25).
- Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte en xuvenil femenino.0-3 (17-25, 16-25, 18-25)
- Cadete femenino Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte. 0-3 (12-25, 14-25, 21-25).
- Sábado 26, ás 12:30h: Vigo - Voleibol Dumbría en cadete masculino.
- Sábado 26, ás 15:30h: Teis-Manuela Rial en infantil masculino.
- Domingo 27, ás 10:00h: Cambados-Manuela Rial infantil femenino.
- Domingo 27, ás 11:30h: Cambados-Voleibol Dumbria cadete femenino.
- Domingo 27, ás 13:00h: Cambados-Voleibol Dumbria xuvenil femenino.
- Boa participación dos arqueiros de Vimianzo na Liga Galega de Tiro con Arco.
- A Costa exporta á Selección Galega 7 xogadores de volei e 2 de balonmán.
- Os chicos do volei costeiro acadan boas vitorias.
- 3 xogadores do volei costeiro na Selección Galega e un carballés na Selección Española de balonmán.
- A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Vindeira cita
Para este fin de semana os rapaces desprazanse a Vigo e as rapazas a Cambados.