Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría

Só os equipos femininos tiñan xornada esta pasada ponte. E mala xornada para as nosas.

O cadete femenino do volei Dumbría enfrontabase a un dos grandes equipos da nosa xeografía, o Pinguela de Monforte.
As dumbríesas perdían por un contundente 0-3 con parciais de 8-25,9-25 e 12-25, nun partido sen moita historia dada a clara superioridade do equipo monfortino. Ademais as xogadoras locais non poideron contar con ningunha das súas colocadoras por lesión e tiveron que modificar varias posicións das súas xogadoras para afrontar o encontro.

Pola súa parte o equipo infantil do Manuela Rial Mouzo perdía os seus 2 encontros por idéntico resultado.
Fonte a Pinguela de Monforte o facía por 0-3 con parciais de 5-25, 12-25 e 14-25 e ante o XUV Cambados por 0-3; 10-25, 3-25 e 8-25. Este equipo segue a sofrer a súa falta de experiencia nunha liga tan competitiva coma a Liga Galega e máis ante equipos que están a loitar por clasificarse para a fase final do Campionato Galego.

Vindeira xornada

Esta fin de semana volve o voleibol o Pavillón Municipal de Dumbría con un total de 3 encontros das Ligas Galegas o vindeiro domingo día 14. Os horarios son os seguintes:

  • 11:00h - Liga Galega Infantil feminina: Manuela Rial Mouzo - Emevé de Lugo.
  • 11:00h - Liga Galega Cadete masculina: Volei Dumbría-Santa María del Mar.
  • 12:30h - Liga Galega Cadete feminina: Volei Dumbría - IES Ames.

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).