Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría
Só os equipos femininos tiñan xornada esta pasada ponte. E mala xornada para as nosas.
O cadete femenino do volei Dumbría enfrontabase a un dos grandes equipos da nosa xeografía, o Pinguela de Monforte.
As dumbríesas perdían por un contundente 0-3 con parciais de 8-25,9-25 e 12-25, nun partido sen moita historia dada a clara superioridade do equipo monfortino. Ademais as xogadoras locais non poideron contar con ningunha das súas colocadoras por lesión e tiveron que modificar varias posicións das súas xogadoras para afrontar o encontro.
Pola súa parte o equipo infantil do Manuela Rial Mouzo perdía os seus 2 encontros por idéntico resultado.
Fonte a Pinguela de Monforte o facía por 0-3 con parciais de 5-25, 12-25 e 14-25 e ante o XUV Cambados por 0-3; 10-25, 3-25 e 8-25. Este equipo segue a sofrer a súa falta de experiencia nunha liga tan competitiva coma a Liga Galega e máis ante equipos que están a loitar por clasificarse para a fase final do Campionato Galego.
Vindeira xornada
Esta fin de semana volve o voleibol o Pavillón Municipal de Dumbría con un total de 3 encontros das Ligas Galegas o vindeiro domingo día 14. Os horarios son os seguintes:
- 11:00h - Liga Galega Infantil feminina: Manuela Rial Mouzo - Emevé de Lugo.
- 11:00h - Liga Galega Cadete masculina: Volei Dumbría-Santa María del Mar.
- 12:30h - Liga Galega Cadete feminina: Volei Dumbría - IES Ames.
Novas relacionadas
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC ([email protected]).