Domingo. 05.05.2024
El tiempo

4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría

4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría
Un dos equipos femininos do Voley Dumbria

Nova xornada de volei costeiro, co densanso do equipo sénior pero moito que contar sobre a base. O enfrontamiento entre o Voleibol Dumbría e Calasancias saldouse con dúas vitorias para os dumbrieses e tres para os coruñeses.

As vitorias claras foron dos xuvenís e dos cadetes masculinos. Nos xuvenís ante a baixa do colocador Manuel Marcote o adestrador tivo que reciclar ao receptor Juan Carballo para as labores de colocador cumprindo con creces na dirección de xogo dumbries. O partido foi claro sen perigrar en ningún momento o resultado, vencendo por 0-3 (17-25, 18-25, 19-25).

Nos cadetes os parciais foron de 0-3 (14-25, 22-25,12-25) con clara superioridade do equipo da Costa da Morte sendo moi superiores en ataque.

O partido máis disputado foi o das cadetes que perderon por 3-2 (25-9,25-27, 25-10,23-25,15-8) nun partido de alternativas que se decantou no último set pola superioridade das coruñesas no saque.

Houbo que sufrir ademais as derrotas claras dos infantis por 3-0 (25-9, 25-18, 25-20) e das infantis do Manuela Rial por 3-0 (25-6, 25-7, 25-13). Estes equipos aínda estan en proceso de formación xa que son maioritariamente de 1º ano e aínda están notando o cambio de categoría, pero seguro que o rendemento mellora no transcurso da liga.

Vindeira xornada

Esta fin de semana volven a xogar os seniors nunha completa xornada de volei:

  • O sábado 15 en Perillo:
    - 10:00h Infantil masculino: Oleiros- Manuela Rial;
    - 11:30h Infantil femenino: Oleiros- Manuela Rial;
    - 13:00h Cadete masculino: Oleiros -Voleibol Dumbría.
  • O sábado 15 en Ourense:
    - 11:00h Cadete femenino: Dompa - Voleibol Dumbría.
  • O domingo 16 en Dumbría:
    - 10:30h Senior 2º División: Voleibol Dumbría - Noia;
    - 12:00h Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Rianxo;
    - 12:00h Infantil femenino: Manuela Rial - Noia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios