Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder

Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder
Os Senior do Volei Dumbría caeron

Chegou a primeira derrota do equipo sénior do Voleibol Dumbría en 2ª División. Pero tivo que ser fronte o líder da categoría, o CV Noia, por 1-3 con parciais de 25-22/17-25/16-25/13-25, nun partido no que en ningún momento do encontro os xogadores da Costa da Morte mostraron o seu mellor nivel de xogo, influenciados se cadra pola baixa do seu colocador Manuel Marcote.

Chegaban os 2 equipos invictos ó choque que se disputou o domingo día 16 ás 10:30 no Pavillón Municipal de Dumbría, onde se enfrentaba a xuventude do equipo local e debutante na categoría, fronte a veteranía dun histórico da máxima competición autonómica e favorito ó título.

Adiantábase o equipo dumbriés no primeiro set, onde predominaron os erros sobre os acertos, pero pouco durou a alegría xa que a partir do segundo set, os noieses apretaron no saque facendo errar á recepción do equipo local e dificultando o ataque dumbriés. Esto repetiríase o longo de todo o encontro, e o equipo dumbriés non era quen de atacar con facilidade e tampouco era capaz de frenar os ataques noieses nin no bloqueo nin na defensa dos seus xogadores zagueros.

Así pois haberá que esperar o seguinte encontro, que será o domingo día 30 a partir das 10:00 fronte o CV Boiro, para intentar conseguir unha nova vitoria.

Categorías base

Liga Gallega Cadete Masculino

Partido dos cadetes do Volei Dumbria

O equipo do Voleibol Dumbría tivo xornada dobre: o sábado perdía 3-0 (25-18/29-27/25-22) con Oleiros e o domingo ganaba 3-0 (25-9/25-8/25-11) a Rianxo. Este equipo non está a demostrar o potencial do grupo e amosa moitas debilidades que aínda queda tempada para correxir.

Liga Gallega Cadete Femenino

Vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría no seu desprazamento a Ourense para enfrentarse a Dompa por 0-3 (9-25/15-25/13-25) nun partido no que as dumbriesas foron moi superiores no saque o que decanto o partido claramente.

Liga Gallega Infantil masculino

O equipo do Manuela Rial perdeu ante Oleiros o equipo que lidera a clasificación por 3-0 (25-15/25-6/25-16) nun partido no que os locais foron moi superiores no remate que os nosos non poderon responder.

Liga Gallega Infantil femenino

As Infantis do Volei Dumbria

As pequenas do Manuela Rial perderon o sábado ante Oleiros por 3-0 () e o domingo ante Noia por 3-0 (12-25/9-25/19-25) nun equipo en progresión que esta notando a pouca experiencia das súas xogadoras.

Vindeira xornada

Este domingo no Conco, mañá deportiva:

  • 10:30h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Emeve.
  • 12:00h - Infantil masculino: Manuela Rial - Emeve.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios