Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Xornada curta e mala para o Volei Dumbría

Xornada curta e mala para o Volei Dumbría
Un dos partidos das Infantis do Volei Dumbria

A xornada de Voleibol Dumbría resúmese con dúas derrotas ante o equipo lucense do Emeve tanto en infantís coma nas cadetes. Os equipos de Lugo son líderes nas dúas categorías e amosaron moita superioridade ante os nosos.

Ambas caeron por rotundo 0-3, tendo as cadetes posibilidade de igualar o partido no segundo set (3-25, 21-25, 12-25); mentres que as infantís si que conseguiron igualalo pero nada puideron facer no terceiro (13-25, 25-13, 12-25).

Vindeira xornada

Este domingo 30 de novembro voltan a xogar os seniors ao Conco. Estes son os horarios:

  • 10:00h - 2º Senior: Voleibol Dumbría - Boiro.
  • 11:30h - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Boiro.
  • 11:30h - Infantil femenino: Manuela Rial -Zalaeta.
  • 13:00h - Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Boiro.
  • 13:00h - Infantil masculino: Manuela Rial - Boiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios