Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Volei Dumbría segue sumando vitorias

O Volei Dumbría segue sumando vitorias
Cadetes do Voley Dumbria

Tralo histórico debut, o equipo Sénior e o resto de categorías do Volei Dumbría seguen en competición. Esta pasada fin de semana, se ben os maiores descansaban, os rapaces dumbrieses superaron o clube Aldebarán de San Sadurniño no dobre enfrontamento que tivo lugar o sábado dia 25 no Pavillón Municipal de Dumbría.

Abría a xornada o equipo xuvenil masculino que lograba unha cómoda vitoria por 3-0 con parciais de 25/17, 25/13 e 25/19. O equipo local foi moi superior ante un equipo no que tan só, o xogador Óscar Prieto era quen de facer dano á defensa dumbriesa. Este xogador é un vello conocido do equipo adestrado por Luis Alberto Fernández, xa que formou parte do equipo cadete do Voley Dumbría que participou no Campionato de España celebrado en Badaxoz en xuño de 2013. No meranmente deportivo, o adestrador local aproveitou para dar minutos a todos os seus pupilos e para completar a súa formación facendoos xogar en diferentes posicións.

Ás 12:30h era o turno do equipo cadete masculino, que repetiría mesmo resultado, impoñéndose por un cómodo 3-0 con parciais de 25/12, 25/13 e 25/8, ante un equipo en plena formación e que de momento ten pouco que dicir nesta Liga Galega. Os xogadores dumbrieses, moito máis rodados, non deron opcións o equipo visitante e sumaron a súa segunda vitoria na liga. O adestrador local aproveitou para dar minutos ós xogadores que están empezando, e que necesitan deste tipo de partidos para ir sumando minutos de xogo.

Xuvenis do Voley Dumbria

Vindeira xornada, debut na casa dos Sénior

Este sábado día 1 de novembro volve o voleibol a Dumbría cun triple enfrontamento ante o Emevé de Lugo, único clube galego que ten 2 equipos na máxima categoría do voleibol nacional, un equipo en Superliga masculina e outro na femenina. Ademais será o debut do equipo senior na casa, a partir das 19:00.

  • 16:00 - Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.
  • 17:30 - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.
  • De seguido: - 2ª División Senior masculino: Voleibol Dumbría - Emevé de Lugo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios