Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España

O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España
Volei Dumbria no Campionato de Espana

Gran papel do equipo de Voleibol Dumbría cadete nesta segunda fase do campionato de España cadete que se celebrou en Castellón. O cadro costeiro estivo a piques de meterse nas semifinais pero o average foi unha lacra para os nosos. Finalmente quedou nun máis que meritoio 8º posto.

Os dumbrieses conseguiron pasar segundos de grupo á segunda fase, confirmando a súa presenza entre os doce mellores equipos do nacional. Tras a derrota inicial ante o Cajamar CVPA A almeriense por 3 sets a 0 (25-19/25-15/25-19), os da Costa da Morte reaccionaron a tempo para superar en outros tres parciais ao Tarragona SPSP 2017 (25-18/25-10/25-23) e así chegar ao segundo día de competición con opcións de meterse entre os mellores do país.
Un obxectivo que se cumpría na mañá do xoves, cando os galegos vencían con moita confianza ao equipo soriano para empezar a pelexar polas eliminatorias esa mesma tarde ante o San Benito.
A aplicación e o carácter dos galegos non foi suficiente nese partido, e a pesar de lograr a fazaña de remontar un 2-0 en contra (25-19/25-22/22-25/19-25), a sorte non os acompañou nun igualado quinto set que finalmente caeu do lado dos estremeños por 15 a 12. Pero lonxe de renderse os rapaces do Dumbría dobraron esforzos ao día seguinte para vencer ao CV Andorra (que á postre sería o subcampión nacional) nun axustado encontro que se resolveu en catro sets (24-26/25-14/25-22/25-22).

Esta gran vitoria dos galegos complicou as contas do grupo, provocando un triple empate no que o Voleibol Dumbría quedaría por apenas un set fóra das semifinais do Campionato de España celebrado en Castellón.

Xa na Fase Final, loitando pola mellor posición entre a quinta e a oitava, os dumbrieses sufriron o desgaste ante Elche, e logo de adiantarse cun 2-0 a favor terminaron por ceder ante os alacantinos no tie break (25-18/27-25/20-25/18-25/10-15).
Na tarde do sábado os coruñeses remataban a súa participación cunha derrota en tres sets ante o Voleadores Cieza, que non ensombreceu a gran actuación do Voleibol Dumbría no nacional nin a ledicia por esa encomiable oitava posición.

Volei Dumbria Cadete no Campionato de Espana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios