Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría estrea equipo Sénior

O Volei Dumbría estrea equipo Sénior
Xuvenis do Volei Dumbria ao Campionato Galego-Foto-Jorge Parri

Empeza no equivalente á 2ªB do fútbol estatal. Pero xa o teñen claro: “En 4 anos, SuperLiga”.

Así afronta o Volei Dumbría a estrea histórica do equipo Sénior masculino na 2º División Autonómica. O equipo da categoría absoluta non debuta ata a semana que vén, pero xa está toda a volta pendente do que faga. Farao en Pontevedra nunha cita de seguro tremendamente emotiva, na que comprobaremos se algún dos adestradores se pon de curto. E non será por calidade nin por físico, pois como Luís Alberto haberá poucos tan finos na categoría.

Este ano o club contará con 5 equipos, entre eles a novidade dos sénior.

Comezan as Ligas inferiores

Esta fin de semana comezan as ligas de voleibol en Dumbría por xornada dobre.

O sábado as rapazas enfróntanse o Teis de Vigo e a Cambados. Abren a xornada as infantís do Manuela Rial ante Teis ás 10:00 h. Un equipo totalmente novo e sen experiencia, pero con moita vontade que afronta esta tempada co propósito de coller experiencia na categoría.

A continuación xogarán as cadetes do Voleibol Dumbría ante Teis (11:30) e Cambados (13:00). Este equipo recuperou a praza de Liga Galega por renuncia de outro equipo e aínda sen ter rematada a súa preparación afronta un dobre compromiso co obxetivo de mellorar no seu xogo e evitar os postos de descenso.

O domingo debutarán os rapaces ante Club Voleibol Vigo as 10:00h en xuvenís e as 11:30h en cadetes. O obxetivo para este equipos é meterse entre os 4 primeiros para clasificarse para as fases finais e acadar o meior clasificación posible.

Pola súa banda, os infantís do Manuela Rial comezarán en novembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios