Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15

Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15
Seleccion da Costa da Costa en MalpicaSeleccion da Costa da Costa en Malpica Selección da Costa da Costa en Malpica O melloriño do fútbol base xuntouse esta pasada fin de semana en Malpica. A I Malpica Vidú Cup unía máis de 1.000 persoas nos campos de Xaviña (Buño) e da Pedra Queimada (Malpica) para ver o campionato sub-15 no que participou, por segunda vez, a Selección da Costa da categoría. Non puido chegar á final o combinado costeiro, protagonizada por Deportivo e a Selección Coruñesa, con vitoria final branquiazul. Os da Costa caeron 1-2 co Victoria, 0-3 co Lugo e 0-2 co Montañeros. Xa nos cuartos de final, o Deportivo conseguiría o pase logo de vencer a unha Selección da Costa da Morte que aguantou as constantes embestidas do conxunto deportivista pero que viu como Pol Bassa desequilibraba a balanza a favor dos blanquiazules. A pesar do gol, os homes de Josiño Abelenda e Martín Veciño contarían cunha boa ocasión para empatar pero o cabezazo de Ryan marcharíase rozando o pau. Pero os mozos da Costa da Morte non se marcharía sen carga xa que serían galardonados co trofeo Fair Play do torneo.
Afeccion no Campo de Xavina Bo ambiente no Campo de Xaviña Esta foi a convocatoria costeira: Convocatoria Seleccion da Costa sub-qt Polo resto, descatada participación intenacional co Vitória Sport Clube de Guimarãé e o Chaves. No que respecta aos premios individuais, o trofeo ao Mellor Xogador foi para Asier Martínez da Selección Coruñesa, un central moi seguro, cunha tranquilidade pasmosa e unha calidade fóra do común para un xogador da súa posición. Mentres tanto, Pedro Rodrigues, guardameta do GD Chaves, foi nomeado como o mellor porteiro deste I Malpica Vidú Cup. O mellor adestrador foi para Nacho Lourido, da Selección Coruñesa, e Mario Domínguez (RC Deportivo) foi o MVP da final. Os porteiros menos batidos do torneo foron Manu Jiménez e Lois Gayoso, guardametas do RC Deportivo, tras encaixar tan só dous goles durante todo o torneo, mentres que os máximos goleadores foron Rui Teixeira (Vitória Sport Clube) e Darío Fariña (Atl. Coruña Montañeros CF), con tres goles cada un. Collage I Malpica Vidu Cup copia Collage de gañadores da I Malpica Vidu Cup Concello de Malpica e A.D. Vidú agradecen a colaboración prestada pola Federación Galega de Fútbol, pola Escola de Porteiros Nordés, o Buño SCD, o SCD Malpica, o Sporting Seaia e a UD Cerqueda, así como, a inestimable colaboración de dúas persoas que xa son indispensables para a AD Vidú como son Cristina Becerra, fotógrafa oficial da asociación malpicana, e Eva Luz. Collage equipos I Malpica Vidu Cup copia Collage equipos I Malpica Vidu Cup copia Fair Play da Malpica Vidu Cup Un fisterrán recolleu o premio Fair Play da Malpica Vidu Cup  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios