Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica convírtese no epicentro do surf do país

Malpica convírtese no epicentro do surf do país
De noraboa está Malpica e a Costa da Morte. I é que o propietario e Presidente do Club de Surf SilfoCamps, Juan José Rodriguez Hierro, é o novo Presidente da Federación Galega de Surf. Aí é nada. E unha das primeiras medidas que vai tomar é trasladar a sé da Federación a Malpica. Ademais a entidade terá tamén unha delegación en Vigo, onde sobre residen dous dos clubes máis activos do país.

O futuro do surf na Costa da Morte

Preguntámoslle ao propio Silfo, como se lle coñece a Juan José nos circuitos, sobre o futuro do surf. Amósase moi optimista asegurando que "este ano será un ano especial, xa que contaremos con retransmisión da televisión de todo os campionatos celebrados en Galiza, e de todo os deportistas galegos que compitan no circuito nacional".

Unha Costa surfeira

Non cabe dúbida de que a nosa zona é unha das máis punteiras en canto a deportes náuticos se refire, e o surf non é unha excepción. Máis ben, todo o contrario. O sur na Costa da Morte é case unha relixión e son centos de mozos os que practican este fermoso deporte ao longo de todo o ano. Un Club e Escola de Surf, (precisamente o de SilfoCamps de Malpica), outro clube na zona de Muxía (Os Tombos), varios campionatos cada verán como o de Malpica, o de Lariño ou o de Soesto, e unha web de referencia neste deporte como Surf Costa da Morte, dan boa fe da longa vida do surf na nosa bisbarra.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios