Luns. 15.08.2022
El tiempo

Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa

Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa
Gústanos o fútbol. Iso é o que nos une. E iso precisamente é o que nos axuda a superar barreiras que a sociedade nos coloca de maneira artificial. No terreo de xogo todos somos iguais e temos as mesmas oportunidades de lograr os nosos obxectivos, sexamos altos ou baixos, gordos ou fracos, rubios, morenos, listos, torpes, negros, azuis, a raias... o balón iguálanos, e as regras do xogo son o noso único límite. Pero hai un campo no que todavía temos moito por avanzar, o da integración con normalidade das mulleres nun deporte maioritariamente de homes. Cando por sorte empezan a proliferar equipos femininos, véxase o exemplo dos Miúdos de Muros, alégranos moito ver nenas no noso fútbol base. Unha das mais destacadas é Marta Calvo, xogadora do Outes, que xa é coñecida en todos os campos da Costa pola súa brega e calidade. Hoxe isto é noticia, pero traémolo a estas páxinas tentando que nun futuro sexa normalidade. Marta Calvo Noya ten 13 aniños. Chegou ó Outes fai dous anos procedente do Cruído, onde non fixeran equipo de infantís, e ela quería seguir xogando. Que mellor lugar que Outes, canteira da que xa temos falado con extensión e admiración polo seu bo e constante traballo. Marta deixou pegada dende o principio, pola súa alegría e ganas de xogar, e a contundencia non exenta de calidade coa que se emprega. Case sempre en posicións defensivas, xa é temida por algún dos mellores dianteiros da súa idade. Na actual tempada a pesar de ser cadete está a disputar partidos co equipo xuvenil, o que indica o nivel que ten a nena. Dende o ano 2015 participa nos adestramentos da Selección Coruñesa Feminina da súa idade, e alí onde hai fútbol está Marta, un exemplo para todos nos. Independientemente do seu sexo, o que é Marta é FUTBOLISTA.     Toque de calidade Respóndenos a nena un pequeno cuestionario: QPC - Cantos anos levas no Outes FC? Levo dous anos xogando e este é o meu tercer ano no Outes Futbol Club. QPC - Por que che gusta o fútbol? Porque con catro e cinco anos meu avó levábame desde donde vivo hasta a alameda de Noia,e eu collía e poñíame a xogar cos rapaces e desde eso empezoume a gustar o fútbol. O que mais me gusta é disfrutar no campo e ver as nosas caras de satisfacción cando ganamos. QPC - Que tal te levas cos compañeiros e cos rivais? Cos compañeiros xenial e cos rivais sempre hai un que outro roce. QPC - Ves que por ser nena te tratan diferente ou todos te respetan e te tratan como ós demais? Respétanme e trátanme como os demáis. Non lles queda outra. QPC - Poste moi nerviosa o día de partido ou eres tranquila e dedícaste a disfrutar do xogo? Son tranquila e gústame disfrutar do xogo. QPC - Ata onde queres chegar no fútbol? Ó Deportivo ou a outro equipo grande ou prefires que o Outes faga equipo femenino e xogar alí sempre? Ata poder chegar a xogar na selección. E gustaríame poder chegar a un equipo grande. O equipo ó completo QPC - Por que crees que non hai mais nenas xogando ó fútbol coma ti? Porque cada unha ten as súas decisións e practica o deporte q lles gusta QPC - Cal é o teu xogador preferido da liga española? Sergi Roberto QPC - E do Outes, cal é o teu preferido? Non teño ningún preferido porque é o meu equipo e todos cos que eu xogo son preferidos. Ten moi clariñas as cousas Marta, si señor¡¡¡ Ogallá vexamos moitas Martas espalladas polos campos da costa nun futuro non moi lonxano. 

comentarios