Martín Soutullo consegue subir ao podio no Trofeo de Ponteareas

07:39 04/08/16

O pasado domingo o equipo cadete do CC Carballo desprazouse ata Ponteareas a desputar o Trofeo Vila do Corpus. E foi unha gran participación para os carballeses. Dos oito corredores desprazados os mellores foron Martín Soutullo, 3º, e Rubén Durán, 7º, xa que o esto do equipo non conseguiu finalizar a proba.
En todo caso, xa se preparan para a vindeira carreira. Este sábado principiantes, infantís, cadetes e junior participan no Trofeo Concello de Cambre.

Fonte
- CC Carballo.