sábado. 15.03.2025
El tiempo

Miriam e Ana non puideron pasar da primeira rolda en Valladolid

Miriam e Ana non puideron pasar da primeira rolda en Valladolid
Ana e Miriam con todos os trofeos deste campionato Galego de tenis de mesa Ana e Miriam, nunha foto do ano pasado, non puideron trar nada de Valladolid

O tenis de mesa tiña o ollo en Valladolid, onde as costeiras Miriam Domínguez e Ana García competían no Toreno Estatal. Pero non saíu todo tan ben como agardaban pois tiñan esperanzas de pasar, cando menos, a fase de grupos, pero ao final quedaron nesa primeira fase.

Miriam gañou dous partidos nesta fase pero foron insuficientes; e Ana só foi capaz de gañar algún set pero non partidos. O que máis sorprendeu, en palabras do entrenador Miguel Rey, foi “o altísimo nivel das xogadoras do resto de España con respecto a Galicia. Dos galegos so conseguiron podium 4 xogadores entre as 16 categorías e a gran maioría tampouco pasaron de grupo, aínda que esto non serve de desculpa si vale para aprender e ver que hai que entrenar máis e con entrenamentos de calidade. Tempo teremos para eso”, valora Rey.

Campionato de Espana de Tenis de mesa en Valladolid Así estaba o Campionato de Espana de Tenis de mesa en Valladolid

2ª Galega

  • Resultado: AD Zas O Pinar - Arteal Ventanas "B" 3-3 (10 - 9).
  • Resultado: Vimianzo TM - Arteal Ventanas "B" 2-4 (12 - 10).
  • Resultado: RC A Estrada "B" - Santa Comba 2-4 (7 - 14).
  • Resultado: RC A Estrada "A" - Santa Comba 6-0 (18 - 3).
AD Zas O PinarJesús Ferreiro, María Castro e Jose Antonio P. Varela Arteal B: Fabián Arnejo, José A. Arnejo e Gonzalo García Vimianzo: Joel Quintáns, Adrián Riveiro e Francisco Paz Santa Comba:

Xa de volta ás competición ligueiras, cómpre destacar a vitoria do Santa Comba (Mario Mourelle, Cristian Vilar e Brais Gesto) ante o conxunto "B" de A Estrada e vai así aumentando o número de vitorias no seu taboleiro. Pola contra, pareceu moi normal por outra parte a derrota ante o equipo "A", esta vai lanzado cara o ascenso. Nótaselles moito a mellora dos xalleiros a pesares de que non hai regularidade no lugar de entreno, eles acuden a entrenar donde sexa e iso da melloras refrendadas con vitorias nos partidos.

Moi bo tamén o empate do AD Zas O Pinar (Jesús Ferreiro, María Castro e Jose Antonio P. Varela) e casi que consegue a vitoria pero nos primeiros partidos tanto Jesús Ferreiro coma María Castro empezaron moi fríos. Logo na segunda ronda xa o remediaron. O outro punto fixoo JA Pazos Varela que pouco a pouco vai gañando algún partido que refrenda o seu esforzo nos entrenos.

Non tivo tanta fortuna o Vimianzo TM (Joel Quintáns, Adrián Riveiro e Francisco Paz) e tampouco aproveitou ben as oportunidades boas para gañar puntos clave nos seus partidos. O encontro foi emocionante e sobre todo o último partido entre Francisco Paz e Gonzalo con moitas alternativas no marcador re que ao final se levou o santiagués.

Vindeira xornada

  • 3ª Div. Nacional: sábado 25 ás 16:30h no pavillón de Vite en Santiago: Conxo TM - AD Zas Ponciano Nieto. Xógase o primeiro posto deste grupo e os punto conseguidos valen para a segunda fase, O AD ZAS acude coa baixa de Andrés Fagín.
  • 1ª División Galega: sábado as 17:00h no Liceo de Noia: Liceo Noia "D" - AD Zas Construcciones Cernadas.
  • 2ª División Nacional Femenina en Ribadumia o sábado dende as 10:30h:
    - Aluminios Xeal - Club Narón TM;
    - A Baña - Escola Cidade Narón;
    - Aluminios Xeal - TDM Vilalba;
    - A Baña - Sanjurjo Moda de Vilalba;
    - Aluminios Xeal - Escola Cidade de Narón;
    - A Baña - San Xoan Deporte Galego;
    - Aluminios Xeal - San Xoan Deporte Galego;
    - A Baña - Club Narón;
    - Aluminios Xeal - Sanjurjo Moda de Vilalba;
    - A Baña - TDM Vilalba.
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios