Muxía acollerá un gran Triatlón popular

Doble proba deportiva para as vindeiras citas en Muxía e Carballo, co esforzo como auténtico protagonista.
I Triatlón Popular de Muxía


O Concello de Muxía organizará o vindeiro domingo 21 de Xullo o I Tríatlon Popular – Concello de Muxía. Así o anunciaba onte o alcalde Félix Porto na presentación oficial.
O tríatlon é un deporte individual e de resistencia, que reúne tres disciplinas deportivas: Natación, ciclismo e trote. Caracterízase por ser un dos deportes máis duros que existen no panorama competitivo internacional actual.
A saída será as 11:00h para a proba minisprint e ás 12:00 para a proba sprint, tendo previsto o remate da proba ás 14:00h. As distancias serán as seguintes;
- Minisprint: Natación 300m.- Ciclismo 10 km. – Careira a pé 2.500m.
- Sprint: 750 m de natación – 20 km en bicicleta -5 km de carreira a pé.
As inscricións poden realizarse ata o martes 16 de xullo e se realizará ron-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións. Deberase escoller proba sprint ou minisprint).
- Máis información: Concello de Muxía: I Triatlón Concello de Muxía.
Marcha BTT en Carballo
O CC Montemene de Carballo organiza a XI Marcga Costa da Morte.
E non van ser probas fáciles. Os recorridos serán de 45 Km. (dificultade física e técnica media) e de 60 Km. (dificutade técnica media e física alta)
A cita será este domingo 7 de xullo.

Novas relacionadas
- Nin o tempo puido cos amantes da BTT na Quedada de Muxía que pensan na cita do Xallas
- Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca.
- O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).