Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana
Xa vimos a marea de Torneos que se nos vén enriba este verán en Santa Comba, Mazaricos ou Cee. Esta fin de semana, sen embargo, teremos a cita principal no Cunchido, en Outes, coa I Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Pero temos máis citas futboleiras estivais, e imos ata Carballo, Camariñas e Cabana, non sen repasar como vai o torneo do verán, o Campionato de Barrios de Esteiro.
Campionato de Barrios de Esteiro
Os Ciclóns xa coññeron o mando se ben ten un partido mais que o Carallo Santo e os mesmos puntos. O Cánchester, que cambiou a cuchara de madeira polo liderato durante as primeiras xornadas, está na 3ª praza. E ollo, que tamén aquí hai problemas coas aliñacións indebidas e os recursos…
Memorial Xosé Luís Vara Oliveira
Xa está en marcha o X Torneo Internacional de Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo - Memorial Xosé Luís Vara Olveira.
Os equipos que disputarán a victoria nesta edición de 2014 son, ademais das Escolas Luís Calvo, o CA Osasuna, o FC Barcelona, o RC Celta de Vigo, o RC Deportivo, o Racing de Santander, a Real Sociedad, o Victoria CF e o Sporting de Xixón, campión o ano pasado. Torres Pichel asegura que "non hai favoritos", xa que os xogadores varían moito cada edición, mais asegura que os rapaces das Escolas loitarán coma sempre para facer un bo papel.
A cita é entre o venres 20 ás 18.00 horas e o domingo 22 de xuño, ata as 14.30 horas aproximadamente, coa celebración das semifinais e as finais o domingo a partir das 11.00 horas.
V Campus de Fútbol Base Concello de Carballo
O director das Escolas Luís Calvo, José Ramón Torres Pichel, aproveitou a presentación do Torneo Fútbol 8 Alevín para falar do V Campus de Fútbol Base Concello de Carballo, que este ano muda de data para celebrarse a primeiros do mes de agosto, entre o 4 e o 8 dese mes. Está dirixido a futbolistas de 5 a 15 anos, e outra das novidades é que estará impartido por prestixiosos adestradores do RC Deportivo da Coruña nas instalacións de As Eiroas.
Interesad@s en obter máis información poden facelo a través dos webs
Torneo de Fútbol 7 en Camariñas
Dende o Camariñas xa están armando un Torneo de Fútbol 7 para os días 5 e 6 xullo. Xa poden inscribirse no 653 077 393 .
Torneo Base en Cabana
Os días 28 e 29 de xuño o Campo das Redondas, un dos que máis atención presta ao fútbol base, acolle o VI Torneo de Fútbol Base Cabana SD. 14 equipos benxamíns e outros tantos alevíns, cunha primeira fase de grupos a golpe de sábado e un domingo de Fase Final.
Torneo en Carnota
Campus en Outes
O Outes prepara un campis para o verán dende o 30 de xuño ata o 11 de xullo, para nen@s de 7 a 15 anos. Ten un custe de 35€ e xa se poden facer as inscricións no Concello ata o 28/06.
Novas relacionadas
- As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Xa temos os cadros da I Copa Alevín, Bexamín e Prebenxamín.
- Marea de torneos para este comezo do verán en Santa Comba, Mazaricos e Cee.
- O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).