O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa
07:10 22/11/16
O equipo do AD Zas Ponciano Nieto gañaronlle ao SD Hípica cun 0-6
3ª nacional grupo noroeste
S D Hípica - AD Zas Ponciano Nieto 0-6 (1-18)
1ª división galega grupo centro
CTM Lalín "B" - AD Zas Construciones Cernadas 3-3 (9-11)
2ª división galega grupo noroeste
Liceo Vilagarcía Alevín - Vimianzo TM 5-1 (16-7)
Oroso TM Peluquería Tije - AD Zas O Pinar 4-2 (14-7)
Oroso TM Hotel Santa Cruz - AD Zas O Pinar 6-0 (18-0)
Na xornada do sábado so foron capaces de gañar os do AD Zas Ponciano Nieto na Coruña, esperábase máis do AD Zas Construcciones Cernadas na súa visita a Lalín e tamén tiñan os de Vimianzo esperanzas de traer algo positivo de Vilagarcía, pero ambolos dous deron máis de area que de cal. Con esto os de 3ª nacional afianzanse no liderato do grupo e coa moral moi alta.
Resultados parciais:
SD Hípica - AD Zas Ponciano Nieto
Juan Pardiñas - Gonchu: 0-3
Enrique Nine - Miguel Rey: 0-3
Francisco Monroy - Brais Blanco: 0-3
Enrique Nine - Gonchu: 1-3
Juan Pardiñas - Brais Blanco: 0-3
Francisco Monroy - Miguel Rey: 0-3
Os mozos de Zas foron superiores con respecto aos superveteranos da SD Hípica, de aí o contundente resultado; o cal lle dá ánimos para entrenar moito e seguir na cabeza do grupo. Destacou Brais Blanco ao superarar por 3-0 a Francisco Monroy, que a pesar de ser veterano - 65 anos - ten aínda moita calidade e non é doado gañarlle. Así Brais segue na súa liña ascendente no xogo e nas victorias.
CTM Lalín - AD Zas Construcciones Cernadas
Breogán Soto - Stevo: 3-2
Marce Tuñez - Raúl López: 3-0
Javier González - Alex Blanco: 0-3
Breogán Sooto - Raúl López: 3-0
Javier Gonzalez - Stevo: 0-3
Marce Tuñez - Alex Blanco: 0-3
O resultado do encontro e como xa acontecera a xornada pasada estivo no primeiro partido e outra vez Stevo perdeu 3-2, se ben desta vez era claro favorito para gañar. O que so fixo e dunha maneira excepcional foi Alex Blanco de Mazaricos. Debutaba na categoría e gañou os dous partidos cun bo xogo. Pódese decir que grazas a el trouxo un punto o equipo para Zas. Raúl terá que seguir entrenando e espantar os nervos que o atanzan, típicos por outra parte, para conseguir a primeira victoria.
2ª galega grupo noroeste
Liceo Vilagarcía Alevín - Vimianzo TM 5-1 (16-7)
Superioridade total dos veteranos de Vilagarcía (todos máis de 50 anos) que a pesares de levar pouco tempo adestrando fano a miudo e con constancia e eso non o fan os de Vimianzo. O punto conseguiuno Adrián Riveiro que é o único que adestra. O Vimianzo deixa así o primeiro posto do grupo e pasa a terceiro.
Por outra banda o AD Zas O Pinar adiantara no inicio da liga os dous partdos de Oros cuns resultados normais a pesares das derrotas.
Liga de afeccionados Ksas TM
Un total de 22 xogadores da canteira da comarca que xestiona e adestra o AD Zas baixo a responsabilidade de Miguel Rey desprazaronse o domingo pola tarde para xogar esta nova modalidade de liga afeccionados que se xogará unha vez o mes en Sigüeiro (Oroso). A Costa da Morte ten aquí unha ampla representación con 3 xogadores de Santa Comba, seis de Zas e sete de Vimianzo. Tamén se desprazaron ata alí 6 xogadores de A Baña.
Os resultado foron de todo tipo e moi satisfactorios, xa que Adrián Riveiro (Vimianzo), Laura García (Zas) e Miguel Rivas (A Baña) quedaron primeiros dos seus grupos gañando todos os partidos. Brias Gesto e Lara Romero foron segundos e o resto desfrutou e xogou moitos partidos ao tenis de mesa (mínimo 4) e da competción.
Canteira tenis de mesa da Costa da Morte
Novas relacionadas
- O empates protagonizan os encontros de tenis de mesa da bisbarra
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.