Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto suma un punto que o posiciona na fase de ascenso

O AD Zas Ponciano Nieto suma un punto que o posiciona na fase de ascenso
tenis-mesa-zas O xogador Miguel Rey nun momento da competición disputada o pasado domingo no pavillón municipal de Zas Domingo de tenis de mesa total no pavillón de Zas cun total de 14 encontros durante todo o día e 50 xogadores onde se compartiron as mesas de xogo coas da festa da filloa da noite anterior. Desta vez o AD Zas Ponciano Nieto conseguiu un punto máis que na concentración anterior o que lle vale para seguir soñando co ascenso ou polo menos para acadar un dos 5 primeiros postos (ascenden un mínimo de tres e 5 como máximo). Notouse que desta vez si actuou o equipo ao completo, pero aínda así non está victoria asegurada. En cada un dos outros equipos dispoñen dun xogador que sobresae do resto. Os de Zas son todos dun nivel similar, o que lles da ao mesmo tempo que sexan un equipo forte pero tamén asequible pois ningún ten os puntos asegurados de anteman.

2ª Nacional, Fase de ascenso

  • AD Zas Ponciano Nieto – Liceo Noia “B” 2-4
  • AD Zas Ponciano Nieto – CTM Lalín 4-2
  • AD Zas Ponciano Nieto – Helios Asesoría Serinte 3-3

1ª división galega

  • Arteal Ventanas – AD Zas Construcciones Cernadas 6-0
Na 1ª galega o AD Zas Construcciones Cernadas levou un verdadeiro repaso en Santiago ante o líder. So Miriam con un e Stevo con dous foron capaces de gañar algún set, pero insuficientes para gañar partidos. Os xogadores santiagueses foron moi superiores aos de Zas  

2ª división galega

  • AD Zas O Pinar – Oroso TM Hotel Santa Cruz 0-6
  • Vimianzo TM – Oroso TM Hotel Santa Cruz 3-3
  • Santa Comba – Arteal Ventanas “B” 1-5
Na 2ª división galega O Vimianzo TM deu a sorpresa ao empatar co OrosoTM Santa Cruz e de paso botarlle unha man a os de Mazaricos na loita polo ascenso a 1ª galega. Os outros resultados foron normais tendo en conta a diferencia de nivel dos equipos.

Vindeiras xornadas

Sábado 18 de marzo
  • 10:30 horas en A Baña:2ª nacional femenina Aluminios Xeal - Guiusseppe Anthony de Ribadumia e a continuación SD A Baña - Guiusseppe Anthony
  • Ás 16 horas en Oleiros Breogán Oleiros "C" - AD Zas Construcciones Cernadas de 1ª división galega e a continuación Breogán Oleiros "B" - AD Zas Construcciones Cernadas
  • Ás 17 horas no ximnasio do CPI de Zas de 2ª división galega
AD Zas O Pinar - Liceo Noia "E"
  • Tamén ás 17 horas no pavillón de A Picota (Mazaricos) igualmente de 2ª galega Concello de Mazaricos - Vimianzo TM

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios