Domingo. 12.05.2024
El tiempo

O Ágora/Capelán e o Beres.Apligasa, campións das Ligas de FS de Corme-Ponteceso

O Ágora/Capelán e o Beres.Apligasa, campións das Ligas de FS de Corme-Ponteceso
O Agora Capelan da Liga de FS Ponteceso-Corme O Ágora/Capelán, campión da Liga de FS Ponteceso-Corme

Queda unha xornada para o remate das Ligas de FS de Corme-Ponteceso, pero a cousa xa quedou sentenciada este sábado 9 de abril. Na 1ª División tiña o Faro Roncudo unha ocasión de meter presión ao Ágora/capelán de cara á última xornada, pero os cormeláns de Miguel Torrado non pasaron do empate co Talleres Cotelo e brindaron en bandexa de prata o torneo aos da Cervexaría.

Faro Roncudo Faro Roncudo Talleres Cotelo Talleres Cotelo

Mentres, na 2ª División, o Beres.Apligasa non fallaba ante o pechacancelas, o Bacenillas, e se proclamaba campión cunha xornada de marxe.

Agora xa están pendentes do sorteo da Copa-Maratón,e tamén da entrega de Trofeos, que se celebrará no pavillón de Corme o vindeiro 23 de abril.

Royale Tym Royale Tym  

Os pichichis carballeses

Facía entrega a pasada semana a Liga de FS de Carballo dos Premios dos Pichichis da liga regular patrocinados por Viaxes Mar e Menta.

Marío Rodríguez Gómez de Cervecería Boa Estrela 1, é o novo pichichi do Grupo Azul da Liga Regular con 21 goles en 9 partidos.
Pola súa banda, repite Pedro Mourón Vila, de Explotacións Porcinas Porto do Souto, como pichichi do Grupo Vermello, da Liga Regular con 23 goles en 9 partidos.

  Pichichis da Liga de FS de Carballo coa responsable de Mar e Menta Pichichis da Liga de FS de Carballo coa responsable de Mar e Menta

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios