Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Ameixenda ascende a 2ª

O Ameixenda ascende a 2ª
S.D. AMEIXENDA 4 - C.F. PORTEÑO 0 AMEIXENDA: Papi, Adan, Oca, Bruno, Chucho, Piquero, Susiño, Alex, Cristian, Nes e Samu. Tamén xogaron Borja, Andrés, Castreje, Bichiño e Pablo. PORTEÑO: Jonathan, Adrián, Caamaño, Pejo, Manu, Cousillas, Jorge, Rachón, Velo, Espi e Vicente. Tamén xogaron Luis, Martín, Wii e Angel. GOLES: 1-0 6´Piquero   2-0 58´Cristian   3-0 60´Borja   4-0 76´Alex O Ameixenda acadou o ascenso á Liga da Costa de maneira brillante ó vencer ó Porteño por 4- 0 nun Sampaio de Refoxos repleto de siareiros. Despois do 1 - 1 da ida a vantaxe era local, pois o Porteño tiña que buscar un tanto para ter opcións, pero apenas inquedaron a meta de Santi Papi.Pronto puxo do seu lado o Ameixenda a contienda cun gol tempraneiro de Piquero. O Porteño seguiu buscando as súas opcións á contra, sin arriscar moito. Chegouse ó descanso co 1-0 no marcador. No segundo tempo o Ameixenda pronto sentenciou o encontro. O goleador Cristian, sen dúbida un dos xogadores máis destacados da tempada en 3ª, anotou o seu goliño de todos os días para poñer o 2-0, e pronto Borja fixo o terceiro ante o delirio do graderío, que veía como o ascenso estaba máis cerca. O tanto de Alex non fixo máis que refrendar a superioridade onte do Ameixenda e o ascenso ben merecido.

Comentarios