O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal

08:05 22/12/10
Tras superar a primeira "final" da semana pasada, o Balonmá Camariñas afrontaba un encontro vital para meterse no grupo dos mellores e evitar a Liguilla de descenso. E deu a cara o equipo de Dioni Quenlle e volveu de Poio cunha grande vitoria que o mete de cheo co grupo de arriba, quedando 4º con 14 puntos.
Per antes de comezar a segunda parte da Liga o Balonmán Camariñas celebra a súa festa de Nadal. A cita desta VII Festa do Balomnán será este sábado 25 de decembro, a partir das 23:00h mp Pavillón MUnicipal de Camariñas. E así estará as orquestras Chaston e Philadelphia para amenizar o pase.
Datos do encontro
- Resultado: E.D. Poio Artai, 24 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 33.
- Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (2), Diego Alonso, Felipe (7), Martín (1), Quin (6), Moncho, Salva, Catalán (4), José Ramón (4), Xabi (4), Perón (5).
Seguinte fase
Agora a segunda fase da liga que se sorteará o 28 de decembro e que estará formada por: Cangas, Viña Costeira, At. Novás, Sp.Guardés, Bueu At., Carballal, 6 do Nadal e Camariñas, que loitarán por conseguir o título a partir do próximo 15 de xaneiro.Pero antes.... Festa de Nadal

Máis información
Novas relacionadas
- O Balomnán Camariñas solventa a primeira final nun pavillón do Areal ateigado.
- Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya.
- O Balonmán Camariñas afianza o paso e xa gaña fóra da casa.
- O Balonmán Encaixe gaña e convence ante un rival directo
- O Conservas Boya comeza o ano con derrota.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.