Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Balomnán Camariñas solventa a primeira final nun pavillón do Areal ateigado

O Balomnán Camariñas solventa a primeira final nun pavillón do Areal ateigado

350 espectadores non deixaron de animar no Pavillón do Areal para ver como o Balomnán Camariñas vencía na primeira das finais para acadar a clasificación no grupo dos mellores. Xa está de 4º o equipo de Dioni Quenlle e precisa vencer ao Poio este vindeiro sábado para clasificarse, xa que este ten un punto menos.

Nun encontro no que ademais estaban diversas personalidades entre o público, como o Alcalde de Camariñas, que o pasado venres recibiu da Federación Galega de Balonmán a Mención Especial ao Concello de Camariñas.

Datos do encontro

  • Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 31 - Tirso de Molina,15.
  • Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (2), Felipe (7), Martín, Quin (6), Moncho (3), Salva (1), Caamaño (1), Catalán (4), José Ramón, Xabi (3), Perón (4).

O Camariñas salgou mentalizado a por o partido desde o minuto un. Era esta a primeira final para conseguir a clasificación para o grupo dos mellores que loitarán para o ascenso contra un rival directo, que tralo encontro xa quedou descolgado.

O partido do sábado, impresionante, o Camariñas perdera de 6 en Ferrol e saíu disposto a loitar por gañar e á súa vez darlle volta á diferenza de goles, conseguiuno e con fartura, cunha formulación impecable en defensa e unha intensidade en ataque que deixou ko aos visitantes, pois xa no minuto 15 o marcador era 15 a 3.

O Eirso mostrouse inoperante ante a intensidade local, que desde o porteiro Felix que fixo un gran partido ata a última das substitucións cumpriron perfectamente ante o delirio do público local que cos seus cánticos e tambores axudaron nesta tan necesaria vitoria.

Vindeira cita

A segunda final xogarase o vindeiro sábado en Pontevedra contra o Poio, filial do Teucro, o Camariñas depende de se mesmo, coa vitoria e posiblemente co empate sexalle suficiente para clasificarse. Todos temos que pór o noso granito de area o vindeiro sábado en Poio para animar e axudar a tan ansiada clasificación.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.

Comentarios