O Bm. Camariñas acariña o liderato e disfruta da Selección

O Bm. Camariñas, ca San Silvestre en mente, fixo un gran partido ante un rival do que se esperaba máis. Unha vitoria que o deixa a 1 só punto do liderato, que ten un Viña Costeira cun partido máis.
Boas novas para as féminas camariñáns, pois colleitaron unha nova vitoria fronte Las cinco Jotas Lavadores.
Ademais, a cadete Minia Calvo foi convocada este fin de semana coa Selección Galega Cadete Feminina para un novo adestramento de preparación para o campeonato de España que se celebrará do 1-7 de xaneiro.

Mentres, por Carballo, vitorión do Calvo Xiria que o deixa na 5ª praza, a 6 do liderato, e derrota do Goldie.

1ª Autonónomica, xornada 9

  • Resultado: Balonmán Camariñas – At. Novás (31-19)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (3), Fary (6), Eusebio (2), Jaime, Checho (1), Quin (8), Damián, Fabio, Catalán (4), Héctor (1), Perón (2), Antelo e Xabi (5).

Desde o minuto 1 saíu o Camariñas concentrado nun partido que sobre o papel era complicado, enfrontábanse o segundo e o cuarto clasificado, pero a boa disposición de saída dos conserveiros lles permitó controlar a o rival desde o principio marcándose un 17-10 no primeiro tempo, o que desarmou por completo aos do Rosal, que practicamente deron por entregado o partido.
O segundo tempo foi un calco do primeiro cun parcial similar 15-9. O Camariñas foi rápido, preciso e letal, non deixando opcións ao rival, e as poucas das que dispuxo, deuse de burces contra o porteiro local Víctor, que realizou un gran partido.

A próxima fin de semana xógase en Chapela o último partido do ano, para tralo descanso do nadal retomar a liga en Camariñas con dous partidos consecutivos en casa, o primeiro o día 1 de xaneiro contra a S.A.R. de Redondela e o segundo o día 17 contra un rival moi duro, rival directo e hoxe lider da competición, aínda que que cun partido máis, o Viña Costeira de Ribadavia.

1ª División Galega Feminina, xornada 8

  • Resultado: Las Cinco Jotas - Bm Encaixe Boya (21-25)
  • BM ENCAIXE (25): Sara e Miriam (gardaredes), Aida (3), Laura (2), Cris Barreiro (4), Verónica, Cris Sande (1), Cris Caamaño (1), Sara Carril (8), Nerea, María (4), Isabel (3), Tinita.

As do Encaixe viaxaban a Vigo sabendo a importancia do encontro. Presentábase a favor das Camariñanas debido os resultados obtidos pero o conxunto olívico non llo puxo nada fácil. As visitantes foron por debaixo no marcador chegando ó descanso cun 10-11 a favor das palilleiras. Xa na segunda parte as camariñanas conseguiron abrir o marcador cunha distancia de 4-5 goles que mantiveron ata o remate do encontro cun 21-25.

Derbis de base

Se as xuvenís vencían tamén en Vigo ante o Lavadors por 19-31, ademais, houbo xornada completa entre os peques do Balonmán Camariñas e o Xiria:

  • Benxamín: CB Camariñas - BM Xiria (3 cuartos a 1).
  • Alevín A: CB Camariñas - BM Xiria (1 cuarto a 3).
  • Alevin B: CB Camariñas perdeu 2 cuartos e empatou 1 contra Ribadosar.
  • Infantil masculino: Bm Camariñas - OAR “B” (13-24).

1ª División Estatal, xornada 13

  • Resultado: Calvo Xiria - Carballal (39-19)

Festival carballés no Vila de Noia ante un Granitos Ibéricos Carballal que non puido conter o vendabal de balonmán do Xiria.

1ª División Galega Feminina, xornada 8

  • Resultado: Carballal La Seyolca - Goldie Xiria (35-16).
  • Parcial ao descanso: (15-6).
  • Goldie Xiria 16 (6): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 6, María Gómez, Cristina Gende 2, Adriana Gómez, Patricia García, Marta Regueira 3, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis 3 e Sheila Ferreiro.

Só aguantou o Goldie Xiria as investidas do líder, Carballal, durante os primeiros 15 minutos. Souberon abordar as xogadoras do Xiria a defensa adiantada e presionante das contrarias, e a vez estar intensas e concentradas na defensa. Logo, a calidade de lanzamento e recursos do Carballal, xunto coas intervencións da súa porteira, permitiulle incrementar o marcador cara o descanso.

Volveu a meterse no encontro o Goldie, aproveitando para facer bos momentos contra o mellor rival da categoría. Apareceu con moita efectividade o xogo co dobre pivote, o lanzamento exterior, pero non tivo o seu día polos extremos, algo que lle ben a pasar factura no marcador nos derradeiros encontros e que se deberá mellorar.

A vindeira semana o Goldie Xiria pechará a competición deste 2014, recibindo ao derradeiro clasificado, Auria Ourense.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte