Martes. 07.05.2024
El tiempo

O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega

O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega

Descansaba o Bm. Camariñas, non así os equiopos da familia Xiria e o BM Encaixe. Un balonmán feminino camariñán con doble alegría, pois ademais da súa vitoria, puido celebrar unha doble convocatoria para a Selección Galega.

Sara Carril, xogadora do Club Balonmán Camariñas, foi convocada para realizar unha sesión de adestramento da Preselección Xuvenil Femenina. Pero é que ademais, Mónica Barreiro Álvarez, adestradora do Club Balonmán Camariñas senior feminino, é a nova entrenadora da Selección Galega Cadete Feminino, levando de axudante de adestradora a xogadora Aida Vizcaino Regueira e a Minia Calvo Canosa para formar parte da Preselección Cadete Feminina. Todas unhas alegrías.

1ª División Feminina, xornada 4

O Bm Encaixe acadou unha vitoria
  • Resultado: Bm. Camariñas - Las Cinco Jotas Lavadores (19-16).
  • BM Camariñas: Míriam, Oanes, Barreiro(1), Aida (3), S.Carril (7), Nerea, Verónica, Cris Sande (2), Cris Caamaño, Laura (2), Andrea, Karina (4), Cris Blanco.

Nova vitoria do Bm Camariñas Feminino a pesar de non atopar as mellores sensacións. O equipo camariñan recibía a un BM Lavadores mermado. O encontro presentábase fácil a priori pero a falta de acerto nas accións convinativas e os erros de lanzamento facían imposible que o equipo entrara no partido. A primeira parte do partido foi un cúmulo de erros non forzados que fixeron entrar o equipo nunha mala dinámica, chegando a tal punto que se marchou o descanso con 6-11 a favor das viguesas.

Ao descanso sentoulle un pouco mellor as xogadoras do Camariñas que na segunda parte fixeron valer o seu potencial dándolle a volta o partido. Os prantexamentos melloraron e as accións convinativas parecía que pouco a pouco ían collendo forma, chegando a un final 19-16.

Destacar a baixa da porteira Sara que por motivos persoais ausentouse, dándolle asi todo o protagonismo a porteira xuvenil Míriam, que pouco a pouco ten que ir collendo minutos xa que esta destinada a ser o futuro da porteria.

1ª División Feminina, xornada 4

Choque do Goldie Xiria
  • Resultado: Goldie Xiria - AD Carballal (15-30)
  • GOLDIE XIRIA: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 1 , Natalia Solís, Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 3, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 3, Patricia García e Zeltia Landeira.

O Carballal demostrou en Carballo, o porqué é un dos favoritos a facerse co campionato de liga, tan so tardaron 10 minutos, nos que coa presión da súa defensa, as intervencións en portería, e con uns contraataques demoledores rompían o encontro para situar un inicial 2 a 9 no marcador.
remolque tivo que xogar o resto do encontro o Goldie Xiria, ben asentado na súa defensa, pero incapaz de facer dano ao seu rival a base de ataques moi enredados e sen verticalidade, o que non frutificaba en lanzamentos cómodos ante a acertada porteira contraria, e daba as máis das veces, facilidade para o contraataque.
Mellorou co paso dos minutos o Xiria, aguantando máis o balón en ataque, combinando coas pivotes e resolvendo polos extremos, non pasaba o mesmo no centro da defensa do carballal que unha e outra vez desbarataba os intentos da primeira liña do Goldie. As diferencias tanto de marcador como de xogo, pasaron factura ao final con ese contundente 15 a 30 para as viguesas.
Salientar o debut de Aida Cangas na portería carballesa, en un complicado encontro, pero con accións moi aplaudidas desde a bancada.

Lucía explícanos a derrota:

1ª División Estatal, xornada 4

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm Chapela (29-29).
  • CALVO XIRIA (29: 15 + 14): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (2), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (7), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo (1), Julián López, Iván Campos.
Gran partido do Calvo Xiria, amosando un tesón e un desexo de gañar enormes, cos que conseguiu facerse cun empate que deixa un moi bo sabor de boca entre os verdibrancos. O seu rival, Bm. Chapela, que chegaba invicto e co cartel de ser un dos máximos favoritos ao ascenso non puido co ritmo dos locais. Quedou patente nos primeiros minutos o que desexaba facer cada equipo no encontro, os vigueses impor a súa altura e peso cun xogo lento e parando o encontro cada pouco e os carballeses querendo correr e facendo que o seu rival fose detrás do balón en defensa. Logo dos primeiros compases o Calvo Xiria fíxose co mando do partido, con diferenzas de dous goles que chegaron de aproveitar a velocidade no xogo sen balón dos seus con Manuel sendo un pesadelo para os defensores centrais do 6:0 visitante. Pero tirou proveito o Chapela da entrada dos xogadores máis xoves carballeses, aos que a maior parte da plantilla viguesa dobra en anos e por suposto en experiencia, para ir recuperando o terreo perdido e rematar o primeiro acto tres goles por enriba. Ata o minuto vinte do segundo tempo semellaba que os dous puntos voarían cara a Vigo, xa que a cinco goles de vantaxe e unha defensa que facía o que lle daba a gana había que engadirlle a experiencia dos seus xogadores para ver un panorama moi negro. Mais o Calvo Xiria recolleu o froito do traballo feito anteriormente, a súa defensa comezou a recuperar balóns e afogar aos visitantes que non tiña resposta a un novo aumento na velocidade de xogo. Un parcial de 7 – 2 pechou o partido e supuxo un punto, puideron ser dous se o criterio dos sete metros fose o mesmo nas dúas áreas, que devolve a confianza aos carballeses logo do mal resultado da xornada pasada, e que segue a contar ca baixa de Ramón que é moi posible que tampouco sexa da partida para a xornada do derbi provincial do vindeiro sábado ante o OAR.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios