Martes. 07.05.2024
El tiempo

Bm: Preparando o derbi feminino

Bm: Preparando o derbi feminino
Derbi Costeiro entre Balonman Encaixe Camarinas e Goldie Xiria

Estalle custando ao Camariñas sacar os partidos adiante, pero a pesar do todo sigue imbatido e con todas as aspiracións intactas, ante unha liga en principio moi competitiva. Esta semana sumou un empate na casa ante un rival directo polo ascenso como é o Sedona, quedando así na 4ª posición, pero a só 1 punto do trío de cabeza.

Mentres, o Calvo Xiria sumaba a súa 5ª vitoria na 1ª Estatal, quedando tamén nunha cómoda 4ª praza, a 3 puntos do líder.

En categoría feminina, descansaba o Bm. Encaixe, preprarando xa o derbi do vindeiro 8 de novembro co Xiria. As carballesas, sin embargo, xogaron e caeron ante un Bm. Porriño superior.

1ª Autonónomica, xornada 5

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Sedona Hierros Miguel (28-28)
  • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alan (4), Fabio, Fari (4), Eusebio, Jaime (1), Checho, Catalán (4), Xabi (7), Perón (4), Damián e Antelo (4).

Xogou ben o Camariñas, pero ao final non puido rematar a un Seis do Nadal que suscitou unha defensa 6-0 que se lle atragantou aos locais. Destacar o gran partido de Xabier.

Cómpre destacar a recuperación de Catalán logo da súa lesión e a inminente incorporación de Quin que logo do seu paso por Zaragoza regresa ao equipo camariñán. Quedará a disposición de Moncho para a próxima semana , cando o Conservas Boya viaxará a Vigo para enfrontarse ás Cinco Jotas Lavadores, cancha que sempre resultou complicada para os conserveiros.


1ª Estatal, xornada 7

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm. Pontevedra (33-25)
  • CALVO XIRIA 33 (18 + 15): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (4), Ramón Suárez-Pumariega (2), Martín Alfeirán, Brais Puñal (3), Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (3), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (7), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo (3), Julián López, Iván Campos(2), Javier Rodríguez (2).

Acadou a vitoria o Calvo Xiria ante o Bm. Pontevedra nun partido no que tivo que empregarse a fondo, xa que mentres o ritmo foi o marcado polos visitantes, canso e con paróns continuos, non había claridade para que lado caerían os puntos.

Mais co paso dos minutos o Calvo Xiria non deu tregua no seu xogo, e sen conseguir vantaxe no electrónico si que ía minando o físico dos pontevedreses. O traballo de desgaste que levou acabo o conxunto carballés deus os seus froitos e foi quen de rachar o encontro no minuto cinco do segundo tempo. A velocidade de xogo que imprimiu a partir de ese intre foi suficiente para levar a diferenza aos dez goles e ter uns quince minutos finais tranquilos. Agora toca esperar para saber o alcance da lesión de Alejandro Naya que se tivo que retirar do terreo de xogo aos vinte e cinco minutos por un problema no seu cóbado.


1ª División Galega Feminina, xornada 1

A porteira Brenda co Goldie Xiria-Foto-Nuria Cancela
  • Resultado: Balonmán Porriño - Goldie Xiria (35-22) / (18-9)
  • Goldie Xiria: Brenda Noya (porteiras) Juana Garrochena 7 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 2, Sara Pombo 1, Cristina Gende 1, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 2, Patricia García e Zeltia Landeira 4.

O encontro pertencía a primeira xornada e fora aprazado no seu día. Presentouse o Goldie coas importantes ausencias de Aida Cangas, Marta Regueira e Natalia Pose
O Porriño impuxo a superioridade na pista a base de maior velocidade nas súas accións e sobre todo maior control das distintas situacións de partido. Pola súa banda o Goldie xogou a rachas e por momentos dou a cara, aínda que por veces se foi totalmente do encontro facilitando a vitoria local.

Saíron enchufadas as porriñesas, e aos 8 minutos obrigaban ao Goldie a pedir tempo morto e restructurar o plantexamento. As perdas de balón ante unha defensa que saia a presionar propiciaban claros goles de contraataque que situaban o marcador con 9 goles para as locais no descanso.
Moito máis metidas as carballesas do Xiria no inicio da segunda metade onde reduxeron a ventaxa a un esperanzador 19 a 14, facendo os mellores minutos do encontro, pero nun baixón no xogo e a concentración volveron os erros e o Porriño sentenciou o encontro, coa diferenza de 35 a 22 final.
Destacar a sobresaínte actuación de Brenda na portería do Goldie, onde tivo que afrontar os 60 minutos pola baixa de Aida.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios