Martes. 07.05.2024
El tiempo

Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán

Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán

Percorremos hoxe a bisbarra de Camariñas a Carballo para coñecer as últimas novidades dos equipos costeiros de balonmán, que están en pleno comezo de temporada.

Comezou a temporada en Camariñas

O Bm. Camariñas na Fase Final da Copa Autonómica

Arrincou a temporada para o Bm Camarinas
  • Resultado: Bm Camariñas - Teucro (39-26).
  • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alán (6), Fary (12), Eusebio (9), Jaime (1), Checho, Héctor, Fabio (2), Xabi (5), Perón (3), Damián e Antelo.

Clasificouse o Camariñas para a fase final da Copa Autonómica que se celebará no mes de abril. Clasifícanse os primeiros dos catro grupos para xogar as semifinais. En Camariñas, chegou o Teucro e se viu un partido moi rápido, electrizante, por momentos, onde a base de aplicar unha boa defensa e efectivos contragolpes, soamente puido aguantar o equipo visitante, o primeiro cuarto de hora, para logo xogar o resto do partido ao ritmo que marcaban os locais.

Era o primeiro partido en casa da tempada, que deixa boas sensacións, aínda que hai que significar a lesión de Catalán cunha posible rotura de ligamentos na man esquerda.

Doble partido a temporada para o Bm. Encaixe

Bm Encaixe
  • Resultado: Bm. Encaixe - Teucro (28-24).
  • B.M. CAMARIÑAS (28): Sara e Miriam (gardaredes), Cris Barreiro (4), Laura (4), Sara(9), Vero, Karina (5), María (2)(E.T.), Cristina Caamaño(3), Cristina Sande (1), Nerea, Judit, Andrea, Tinita.

Comezou a tempada para o Encaixe cunha vitoria fronte o Teucro e unha derrota con mal sabor de boca contra o B.M. Porriño. O pasado sábado as de Pontevedra loitaron un encontro dominado polo conxunto camariñán a pesar da cantidade de erros fabricados polas locais e unha desacertadas gardamentas chegando ao descanso cun favorable 15-11. A tónica da segunda parte foi a mesma, o Encaixe mantíñase forte en defensa e acertado en situacións claras de ataque chegando a un resultado final de 28-24.

  • Resultado: Bm. Encaixe - Porriño (22-23)
  • B.M. CAMARIÑAS (22): Sara e Miriam (gardaredes), Cris Barreiro (2), Laura (5), Sara(5), Vero, Karina (5), Sande (1) (E.T.), Cristina Caamaño, María(3), Nerea(1), Judit, Tinita.
<>O domingo o pabillón do “Areal” recibia o B.M. Porriño, rival directo. A continuidade no xogo en ataque dirixido pola central, propicio ocasións claras das camariñas, que aproveitaron para poñerse diante no marcador durante case todo o encontro chegando ó descanso cun 10-8. A segunda parte caracterizouse polas contínuas exclusións sufridas polo equipo local deixándoas en varias ocasións en inferioridade numérica e incluso con doble inferioridade numérica. Esto conlevou a pérdas de balón que as de Porriño aproveitaron para poñerse por diante a falta de 5 minutos 20-21. O equipo, aínda así, seguíu loitando ata o último minuto demostrando a súa competitividade chegando a un marcador final de 22-23.

A próxima fin de semana o equipo feminino do Encaixe viaxará a Ferrol para enfrontarse ao Ferrolterra e os masculinos do Camariñas viaxarán á dificil cancha de Ribadavia para enfrontarse ao correoso Viña Costeira no primeiro partido dunha liga de 1ª División Autonómica, na que os de Camariñas aspiran a todo.

Presentación da familia do Balonmán Xiria

Familia do BM Xiria

Esta fin de semana tivo lugar a presentación dos equipos sénior masculino (Calvo Xiria) e sénior feminino (Goldie Xiria) de Escolas Balonmán Xiria.Nas fotos forman as plantillas, técnicos e delegados dos equipos así como representación dos patrocinadores: Luciano Calvo (Conservas Calvo), Patricia Tasende e Roberto Seoane (Goldie Pub) e Xosé Regueira (Carballo a un Paso - Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo).

Goldie Xiria 14-15 BM Calvo Xiria 14-15

As crónicas do Xiria

Ademais, xa tendes na web do club todas as crónicas dos partidos da fin de semana:

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios