Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada

O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada

Recta final da temporada para os dous equipos costeiros do balonmán feminino. O Bm. Camariñas quedou apeado da Copa Federación, polo que xa pechou a súa participación da Liga e Copa. As “espartanas” preparan o partido amistoso que se van enfrontar a selección de Costa Rica o próximo día 24 ás 18:00h. O rival será adestrado polo ex de Camariñas Dioni Quelle, esperando facer do balonmán unha festa para pechar a temporada.

De igual xeito, o Goldie Xiria pecha a tempada do seu debut a vindeira semana e despídese da sua afección ante o BM Caselas, o sábado a partir das 6 da tarde na Zona Escolar de Carballo.

Copa Federación, xornada 3

Balonman Camarinas-Encaixe 2013-2014-Foto-Jorge Parri
  • Resultado: Caselas - Camariñas (29-22).
  • Parcial ao descanso: (18-10)
  • Bm. Camariñas: Nerea (p), Maria Oanes, Karina (4), Sara (7), Aida (2), Laura (5), Cris Caamaño. Tamén xogaron: Cris Barreiro (4), Vero, Sande, Tina e Alicia.

Mal partido das de Camariñas na primeira parte na que non encontraron a forma de batir a porteira do equipo rival, que fixo un gran partido, en defensa tampouco estiberon ben ese resultado casi seria definitivo.
Na segunda parte mellorouse moito en defensa como en ataque e pelearon ata o pitido final, gran actitud de todas as xogadoras na segunda parte donde os colexiados e o gran oficio das de Caselas non deixaban que se acercaran no marcador. Os colexiados con una prepotencia e una chuleria aínda non vista este ano excluiron as de Camariñas en 6 ocasións e tres delas no mesmo minuto donde as de Caselas aproveitaron para escaparse no marcador, sacáronlle roxa a Aida no minuto 54 e aínda lle dixeron a Verónica que non podia estar no banquillo ca sudadera do equipo. Non e excusa pero esa xente sobra en una liga donde a competitividade e a deportividade de todos os equipos tiña que ser o importante e non o protagonismos de outros.

Copa Federación, 3ª xornada

Balonman Goldie Xiria 2013-2014
  • Resultado: BM PABELLON OURENSE - GOLDIE XIRIA (26-20).
  • Parcial ao descanso: (12-11)
  • GOLDIE XIRIA: Brenda e Sara (p), Marta (7), Tamara (9), Zeltia (2), Raquel e María, (equipo inicial), Isa, Sandra, Manón (1) e Natalia (1).

O Goldie Xiria volveu acusar as numerosas baixas na competición de Copa, os diversos compromisos personais e algunha lesión levaron ata Ourense un equipo moi mermado, sobretodo na primeira línea do ataque. Arrancou entonado o equipo carballés coa sua lateral Tamara soltando o brazo e marcando con comodidade, non tiveron o seu día os extremos e eso notouse cando o Pabellón cerrou o centro da sua defensa e mermou o ataque do Goldie. Aguantou no encontro o Xiria ata os derradeiros 10 minutos onde as xogadoras do Pabellón espoleadas por un arbitraxe que lle permitía todo e castigaba con exclusións ao contrario, cobraron a máxima diferencia con ese 26 a 20.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios