Martes. 07.05.2024
El tiempo

Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán

Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán
O Bm Encaixe acadou unha vitoria

Nova xornada completa para os 4 equipos do balonmán costeiro. E se por Camariñas celebraron unha doble vitoria, tanto o equipo masculino como o feminino, peor sorte correron os membros da familia do Xiria, que caían tanto na 1ª División Estatal masculina, como 1ª Autonómica feminina.

A fin de semana traía ademais a boa nova da convocatoria da camariñá Sara Carril para unha preselección da Selección Galega Xuvenil feminina.

1ª División Autonómica, xornada 1

  • Resultado: Viña Costeira - Balonmán Camariñas (26-27)
  • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alán (6), Fary (4), Eusebio, Jaime, Checho, Héctor, Fabio, Xabi (4), Perón (7), Damián (1) e Antelo (5).

Iniciou a liga o Bm Camariñas cunha gran vitoria en casa dos favoritos. Moi poucos serán os que leven os dous puntos do Pavillón "O Consello" de Ribadavia. O Camariñas cunha segunda parte para enmarcar, impúxose a un dos máis claros, sempre sobre o papel, aspirantes ao título final.

O Conservas Boya saíu falto de concentración, sobre todo en defensa, e pagouno caro, pois os locais fóronse no marcador ante a impotencia camariñana. Pero tralo descanso, as instrucións do adestrador pareceron fornecer efecto, xa que os xogadores do Ribeiro non foron capaces de facer gol nos primeiros 8 minutos do tempo de reanudación, igualando o partido os conserveiros grazas á súa boa disposición defensiva e a boa actuación do porteiro Bruno.
Seguiu o Camariñas insistindo, chegando a impoñerse cunha diferenza de 4 goles, vantaxe que se ía achicando cara ao final do encontro, deixándose notar o importante esforzo da remontada.

A próxima xornada descansa o Camariñas, non renovando a liga ata o próximo día 18.

1ª División Estatal, xornada 3

  • Resultado: At. Novás - Calvo Xiria (34-17).
  • CALVO XIRIA (29: 15 + 14): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (2), Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (1), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas, Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (5), Mario García de Seárez (1), Gonzalo Pombo (1), Julián López, Iván Campos.
  • Marcador cada cinco minutos: 0-1, 3-4, 5-7, 10-8, 12-9, 16-11, descanso, 20-13, 23-15, 26-16, 29-17, 32-17, 34-17.

Se o partido xa era dos máis difíciles para o Calvo Xiria, a baixa de Ramón por mor dun pequeno accidente doméstico aumentaba esta dificultade, pois perdía ao seu home de referencia nas tarefas defensivas de blocaxe ante a primeira liña máis potente da competición en canto a lanzamento exterior e envergadura.

Comezaron os carballeses o partido cun bo traballo no aspecto ofensivo, buscando unha e outra vez o xogo na liña de seis metros onde Calvete sacaba vantaxe ante uns defensores que non eran quen de gañarlle a partida. Mais no eido defensivo non tiña tan boas novas o conxunto verdibranco incapaz de frear o lanzamento exterior rosaleiro, que co paso dos minutos foi o que levou a batuta do partido, impoñendo pouco a pouco a lóxica. Chegouse así ao tempo de lecer cun parcial de 16 a 11 que deixaba o partido moi costa arriba para o Xiria, xa que o ritmo de xogo era imposto polos locais.

A saída dos vestiarios en inferioridade por parte verdibranca supuxo un parcial de dous a cero que deixaba case sentenciado o partido. O nivel defensivo do Novás no segundo tempo foi moi alto, quizais de máis, xa que é salientable que unha das defensas máis duras do campionato, xuntamente ca do Chapela que visita a próxima xornada o Vila de Noia, rematase o encontro con so dúas exclusións cando levaba nas primeiras xornadas unha media de cinco. Apoiouse, e de que maneira, o conxunto local na total permisividade arbitral para pechar a súa portería ante calquera intento dos visitantes, atopando deste xeito o antídoto para o pivote carballés Calvete.

A pesares da avultada derrota os xogadores do Calvo Xiria deixaron na pista todo o esforzo que se lles pode pedir, e de seguro traballarán a reo durante a semana para acadar unha vitoria a vindeira xornada ante outro dos equipos chamados ao primeiro posto.


1ª División Feminina, xornada 2

  • Resultado: Ferrolterra - Encaixe Camariñas Conservas Boya (22-24).
  • BM. CAMARIÑAS (24): Miriam e Sara (gardaredes), María (1), Laura( 5), Cris Barreiro (2), Aida, Sara Carril (4), Karina (6) (E.T.), Sande, Andrea, Nerea, Cristina Caamaño, Cristina Blanco.

Encontro moi axustado do Encaixe na cancha do B.M. Ferrolterra cun resultado final a favor das camariñanas 22-24. As perdas de balón, as ansias de gol levaron o equipo do Encaixe a estar perseguidas en todo momento polas Ferrolanas chegando ó descanso cun 11-12 a favor das visitantes. Unha boa actuación da gardaredes e as ganas de loitar propiciaron que as de Camariñas voltaran cos 2 puntos do encontro. “Non tivemos unha boa actuación, aínda así fomos capaces de levar o noso terreo os minutos finales e facernos ca victoria. Destacar a actuación de Sara como gardaredes durante a primeira parte e a de Verónica en momentos puntuais do encontro.” afirma a adestradora.

Destacar tamén a actuación de Sara Carril que estivo adestrando coa Preselección Autonómica Xuvenil Feminina o pasado domingo en Chapela e seguirán contando con ela para os vindeiros adestramentos.

O equipo feminino recibe o vindeiro sábado ao Lavadores de Vigo.


1ª División Feminina, xornada 2

Non puido ganar o Goldie Xiria
  • Resultado; Las Cinco Jotas Lavadores – Goldie Xiria (16-18().
  • GOLDIE XIRIA: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 8 , Natalia Solís, Tamara Pombo 3, Jessica Posse 1, Sara Pombo 1, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez 2, Adriana Gómez 2, Patricia García
  • Marcador cada 5 min: /1-2/ /2-3/ /3-5/ /3-6/ /4-8/ /6-8/ /6-10/ /9-12/ / 9-14/ /12-15/ /14-17/ /16-18

O Goldie Xiria conqueriu os dous ansiados puntos ante un dos rivais directos na clasificación para o grupo polo ascenso. Nun partido de moita intesidade defensiva por parte de ambos equipos, as xogadoras carballesas superon dosificar as suas rentas no marcador para finalmente imponerse ao Las Cinco Jotas Lavadores.

Foi na primeira metade onde o Goldie pudo sentenciar,pero foi perdoando ao seu rival fallando moito de cara a gol, grazas aos axustes defensivos acompañados polas boas intervencións secaron o ataque vigués en 6 goles.

Moito máis entonado o Xiria na reanudación, acadou a máxima diferencia cun 9 a 15, que se vería acotado cando o Goldie se quedaba con 4 xogadoras de pista, o que aproveitou o rival para volverse a meter no encontró, finalmente o Goldie Xiria supo aministrar a ventaxa acadando ese 16 a 18 final.

A vindeira semana visitará Carballo o Carballal de Vigo, equipo que se reforzou moito esta tempada e que será un duro rival para que o Goldie encadene outra vitoria.

Pero antes, a familia Xiria bríndanos un vídeo con María logo da vitoria en Vigo diante do Lavadores:

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios