Luns. 06.05.2024
El tiempo

Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes

Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes
Foto de familia do BM Camarinas

Non foi mala a xornada para os nosos 4 equipos de balonmán. O Calvo Xiria vencía o derbi coruñés ante o OAR na 1ª Estatal, mentres o Bm Camariñas da 1ª Autonómica sacaba a súa segunda vitoria en 2 partidos xogados manténdose na 2ª praza.

Pola súa banda, as xogadoras do Balonmán Camariñas desprazábanse ata cidade olivica pa enfrontarse o AD Carballal. E o resultado final asomou un 34-16, que a pesar desta gran diferenza o equipo sacou cousas positivas, dando a cara ante o máximo favorito o ascenso deste ano.

Ademais, o Goldie Xiria sumou unha vitoria ante Campus Auria, ao tempo que unía as súas forzas ao #DiaMundialCancerMama, para concienciar da importancia da prevención e detección precoz, levando uns lazos na súa camiseta.

1ª División Autonómica, xornada 3

  • Resultado: Balonmán Camariñas - BM Pontedeume (29-27)
  • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alán (2), Fary (9), Eusebio (5), Jaime (2), Héctor (3), Ángel, Fabio, Xabi (2), Perón (1), Damián e Antelo (5).

Segunda vitoria do C. Boya, hoxe contra un correoso Pontedeume. Comezou o partido cunha gran igualdade, non estreándose os marcadores ata prácticamente o minuto 5, en onde tras unha mala seleción de tiro de ambos equipos, marcou o Camariñas rompendo o xa duradero 0-0. A igualdade dos equipos mantívose ata o minuto 20, a partir de aí o Camariñas fíxose dono do partido, tras facer un parcial de 7-1 nos últimos 10 minutos. No segundo tempo comezaron as rotaciones para dar a o banquilo minutos, e a confianza foise apropiando do partido, o Pontedeume volveuse a meter no marcador acurtando a diferenza, para deixar o marcador final nun 29-27, xusto marcador que reflicte o que pasou en cancha.
Destacar o bo partido de Fary e Eusebio, polo Camariñas, e de Jaime Batala polo Pontedeume.

A próxima fin de semana o Encaixe recibe ao Campus Aurea de Orense e o Senior masculino viaxa a Ourense para enfrontarse ao Bm. Pabelón Ourense. Esperemos que neste dobre enfrontamento consíganse os catro puntos en liza.

1ª Estatal, xornada 5

  • Resultado: OAR Coruña - Calvo Xiria (24-29)
  • OAR CORUÑA 24 (12+12): Ignacio Santos [p], Miguel Lozano (7), Víctor Couceiro (4), Hugo Rodríguez (4), Sergio Sarasola (3), Fabián Canosa (6), Daniel Angeriz, Roberto Casero [p], Cristian Vigo [p], Gabriel de Melo, Ignacio Suárez, Diego Martínez, Daniel Picado, José López, Yoel García, Kevin Dacosta.
  • CALVO XIRIA 29 (15 + 14): Alejandro Naya [p], Sergio Facal (1), Ramón Suárez-Pumariega (1), Martín Alfeirán (8), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (2), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (8), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo (1), Julián López, Iván Campos, Javier Rodríguez (3).

Levou o derbi deste sábado ante o OAR o Calvo Xiria, tanto na pista coma na grada, e no que impuxo o seu xogo colectivo tanto defensivo coma ofensivo. Sen necesidade de caer en exclusións marcou o ritmo do encontro dende a defensa, na que a recuperación de Ramón permitiu compensar os tempos de xogo chegando aos minutos finais todos os xogadores coa suficiente frescura para levarse o partido.

No debe dos carballeses quedan as perdas de balón no primeiro tempo que deron vida aos seus rivais, ate tres balóns do contraataque caeron nas mans do Oar converténdose en gol. Xa no segundo acto a falta de tino no lanzamento foi a cara negativa dos verdibrancos que erraron oito situacións clarísimas dende os seis metros. Mais a actividade defensiva do Xiria impediu que o conxunto local fose quen de impoñerse nun encontro no que destacou en ataque Pablo, sendo un pesadelo para os defensores que lle foron poñendo diante.


1ª División Feminina, xornada 5

  • Resultado: AD Carballal - Bm Encaixe (34-16)
  • BM CAMARIÑAS: Míriam, Oanes (1), Barreiro (4), Aida (1), S. Carril (5), Nerea, Vero (2), Sande (1), Caamaño, Andrea (1), Karina (1), Cris Blanco.

O encontro plantexabase complexo a vista dos resultados obtidos polo Carballal, aínda asi as xogadoras do Camariñas prepararon a conciencia o partido durante toda a semana. As incógnitas sobre o Carballal despexáronse cando ese equipo formado a base de fichaxes saíu a quecer, dando se conta que a maior parte das xogadoras olivicas eran de un nivel superior a categoría actual. Aínda asi o BM Camariñas afrontou o encontro de tu a tu, durante os primeiros 30 minutos de encontro marchando o descanso cun 15-11 a favor do Carballal.

Na segunda parte o encontro tomou outros derroteiros xa que o adestrador local arengou as súas xogadoras a finiquitar o encontro o mais rápido posible,nese momento foi cando a maior calidade de todas as compoñentes do equipo saíu a luz, facendo imposible calquer tentativa pola parte das camariñáns.


1ª División Feminina, xornada 5

  • Resultado: Campus Auria - Goldie Xiria (11-30).
  • Parcial ao descanso: 6-16.
  • Goldie Xiria 30: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 10 , Natalia Solís 3, Tamara Pombo 4, Jessica Posse 1, Sara Pombo 2, Cristina Gende 4, María Gómez, Raquel Gómez 2, Adriana Gómez 1, Patricia García 1 e Zeltia Landeira 2.

Saíron moi concentradas e conscientes do que debían facer as xogadores do Goldie, con un arranque de partido cómodo todo foi máis doado e o equipo puso goles de por medio do seu rival. Unha defensa espesa e presionante, propiciou a saída ao contraataque, imprimíndolle máis verticalidade ao xogo, xa nos primeiros 15 minutos dominaba 2 a 7, ampliando a ventaxa ata ese 6 a 16 no descanso. Todo seguiu do mesmo xeito na segunda metade, Natalia e Tamara aproveitaron para soltar o brazo con bos lanzamentos e a velocidade de Juana e Raquel desbordaba as visitantes, dando como resultado ese marcador final de 11 a 30. Destacar a gran aportación de Aida na portería os 30 minutos que xogou e as gañas de todo o equipo pese a dureza das acción defensivas do rival. A vindeira semana o Goldie Xiria, xogará outra vez a domicilio, diante dun rival directo na loita polos postos clasificatorios do grupo polo ascenso, a Sociedade Deportiva Teucro de Pontevedra.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios