Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato

O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato

Unha nova vitoria a domicilo do Club Balonmano Camariñas. Esta vez ante o Teucro de Pontevedra, vitoria que afirma ao Conservas Boya na parte alta da táboa a só un punto do líder Porriño, ambos equipos imbatidos e que se van enfrontar a próxima xornada en Porriño nun duelo interesante que nos dirá o potencial de cada equipo e as súas aspiracións.

Espectacular encontro o vivido no Vila de Noia, entre dous equipos que xogaron un balonmán de moita velocidade, con defensas moi intensas e duras e co conxunto coma primeira e derradeira idea. E non porque non teñan tanto uns coma outros nas súas filas xogadores con capacidade para desequilibrar individualmente, senón pola convicción que teñen de que o equipo está por enriba de todo. A vitoria caeu do lado vigués, por unha diferenza de sete goles, que se antolla demasiado ampla polo visto no parqué carballés.

Mentres, en categoría feminina, as do Goldie Xiria aprazaban o seu coche con Porriño, mentres as do Encaixe sumaban unha gran vitoria ante o Teucro quedando na 3ª praza, empatadas co propio Porriño, con 12 puntos, a só 4 das líderes, un Carballal que conta partidos por vitorira na 1ª Autonómica.

1ª Autonónomica, xornada 7

  • Resultado: Teucro – Balonmán Camariñas (26-35)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (4), Fary (5), Eusebio (1), Jaime, Checho, Quin (5), Damián (1), Fabio, Catalán (7), Héctor, Perón (8), Antelo (2) e Xabi (2).

Con respecto ao partido contra o Teucro, foi un calco do que se xogou na Copa Autonómica, dous equipos que son moi rápidos e niso basearon ambos o seu xogo, saíu gañando a mellor preparación física do Conservas Boya, que ao final do partido o mister Juan Ramón Canosa deu minutos a todos os convocados. Quedaron sen convocar, o porteiro Bruno, convalecente dunha operación e o segunda liña Frutos, que está en plena rehabiltación da lesión que arastra da pasada tempada.

Destacar o partido realizado por Fary, Perón, Xabi e Antelo, que son a súa rapidez desbordaron en todo momento a a defensa local.

A próxima fin de semana xogan en Porriño os senior masculino, e os xuvenil e senior feminino.

1ª Estatal, xornada 9

  • Resultado: Calvo Xiria - Magope Seis do Nadal (19-26)
  • Marcador cada cinco minutos: 3-0, 4-4, 7-6, 7-9, 8-10, 11-11, descanso, 13-16, 15-18, 17-18, 18-20, 19-23, 19-26.
  • CALVO XIRIA 19 (11+ 8): Martín Gómez [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (5), Javier Rodríguez, Manuel Méndez, Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (8), Mario García de Seárez, Gonzalo Pombo, Julián López, Iván Campos (1), Ramón Suárez-Pumariega (1), Carlos A. Lema.

Impedir a velocidade nas accións ofensivas dos vigueses e non cometer erros no lanzamento eran as prioridades para o conxunto carballés para ter opcións de puntuar ante un dos equipos máis en forma da categoría. Cumpriron os verdibrancos ca primeira das premisas, mais non ca segunda. Anticipación en defensa e axudas impediron ao Seis do Nadal desenvolver o xogo ofensivo ca facilidade que está afeito. Pero veu a de cal no lanzamento, moitos erros que impediron aos locais manter a pelexa no partido ate o final, convertendo ao porteiro Juan Tizón “Nani” no xogador máis destacado do encontro. Houbo tamén un factor no que o Calvo Xiria pouco puido influír, e foi a permisividade arbitral cas defensas interiores dos vigueses, que no segundo tempo puideron facer axudas defensivas interiores ante as continuas penetracións dos locais sen recibir máis castigo que golpe franco. O peor para o Xiria foi deixarse ir nos cinco minutos finais o que permitiu ao Magope levar a diferenza final ate +7, pois o ano pasado fíxose ca praza que daba acceso á fase de ascenso precisamente ante este equipo por mor da diferenza de goles particular.

Agora o conxunto carballés deberá esquecer este encontro o antes posible, pois as dúas próximas xornadas van ser de tanta ou máis dificultade que a vivida esta fin de semana. Semella imprescindible tamén recuperar a confianza na man dos finalizadores para competir en igualdade de condicións cos equipos da parte alta da táboa clasificatoria.

1ª División Galega Feminina, xornada 7

  • Resultado: A.D. Teucro - Bm. Camariñas (17-20)
  • Bm. Encaixe: Sara (Miriam); María, Laura (3), Aida (6), Cris Caamaño (1), Nerea, Cris Sande (e.t), Cris Barreiro (5), Sara Carril (5), Verónica, Tinita, Andrea.

Gran vitoria das do Encaixe que se manteñen na zona noble da táboa. O equipo visitante contaba coa baixa da zurda Karina que sigue con problemas de saúde. As camariñanas chegaban a Pontevedra sabendo o importante que era levar para a casa os dous puntos xa que sería un pasiño de xigante para optar a seguinte fase onde poder obtar ó título.

Pero os nervios foron os protagonistas nos primeiros minutos do encontro xa que con desaxustes defensivos e a non claridade en ataque fronte a proposta defensiva do equipo Pontevedrés levaron a poñerse por diante chegando ó minuto 8 cun 6-2. Foi aquí, e tras un tempo morto solicitado pola adestradora das camariñanas, onde o equipo solucionou os erros defensivos e se platexou un ataque máis eficiente chegando a empatar o encontro e rematando a primeira metade cun 10-12 a favor das palilleiras. Na segunda parte a dinámica foi a mesma, moitas pérdidas de balón en ataque pero as diferentes intervencións feitas pola gardaredes Sara permitiu manter a diferencia no marcadar acadando un resultado final 17-20.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios