Martes. 07.05.2024
El tiempo

Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns

Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns
As conserveiras do BM Encaixe

Mala xornada por Camariñas e relativamente por Carballo, a desta fin de semana no balonmán costeiro. Foi inxusta a primeira derrota do Bm. Camariñas, na súa visita a Porriño. Unha derrota que lle permite ao propio Porriño escapar no alto da táboa, e deixar aos camariñáns a 3 puntos.

Mentres, o Calvo Xiria colleitaba un empate que deixa aos carballeses na 5ª praza, a 4 puntos do líder. As que si gañaban eran as carballesas do Goldie Xiria.

Pero o Bm. Encaixe completaba a mala fin de semana palilleira con outra derrota en Porriño.

O vindeiro sábado celebrarase en Camariñas a festa de presentación de todos os equipos do Conservas Boya cos horarios que se indican ao final.

1ª Autonónomica, xornada 8

  • Resultado: Bm. Porriño - Balonmán Camariñas (27-26)
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Alan (3), Fary (9), Eusebio, Checho, Quin (2), Damián, Fabio, Catalán, Héctor, Perón (8), Antelo (4) e Xabi.

A primeira derrota desta tempada foi en casa do ider, nun partido raro e excesivamente duro por parte da defensa local, á que os árbitros lle permiteron case todo, de feito tres xogadores do Camariñas tivéronse que retirar lesionados. Unha pena de partido onde o Conservas Aboiar foi sempre por diante no marcador con vantaxes de ata 6 goles, logo de facer un primeiro tempo espectacular.

No segundo tempo as cousas foron doutro xeito, os árbitros, a agresiva defensa local, e o cansazo fixeron mela nos camariñanos, que fallaron ataques moi claros permitindo que se achegase un rival, que nunca deu o partido por perdido, para tras unha inxusta decisión arbitral expulsar ao centro do conxunto conservero a dous minutos do final, o que permitiu aos locais adiantarse no marcador por primeira vez no partido, o que lles valeu unha inmerecida vitoria.

1ª Estatal, xornada 10

  • Resultado: Luceros - Calvo Xiria (32-32)
  • CALVO XIRIA 32 (15+17): Martín Gómez [p], Sergio Facal (1), Brais Puñal, Martín Alfeirán (8), Javier Rodríguez (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (5), Gonzalo Pombo (6), Rubén Anes, Iván Campos (1), Ramón Suárez-Pumariega (2), Carlos A. Lema (4).
Trouxo un punto o Calvo Xiria do seu viaxe a Cangas para xogar no Gatañal ante o Luceros, que contou cos xogadores que compiten na liga Asobal e teña ficha nos dous equipos. Moita emoción nun partido que nin uns nin outros puideron controlar. Comezou o encontro cun intercambio de goles que non deixaba ver un claro favorito para levarse o partido, moitísima igualdade en todos os aspectos, defensa, ataque e portería. Ningún dos equipos puido correr ao longo dos sesenta minutos, con balances defensivos moi atentos a parar calquera intento de contragolpe. Non houbo tanta igualdade nos sete metros sinalados, entre dous equipos que coma principal arma teñen a mobilidade de balón e xogadores para finalizar preto da liña de seis metros, pois o conxunto local dispuxo de dez lanzamentos mentres os carballeses viron coma so se lle sinalaban dous. Tivo momentos moi complicados o conxunto verdibranco que chegou dous goles abaixo ao tempo de lecer, e que no reinicio do encontro viu como se quedaba dúas veces consecutivas con dous xogadores menos. A partir de ese intre a intensidade defensiva do Xiria incrementouse e foi gañando a partida ao ataque cangués, que non era quen de desarmar o sistema defensivo que tiña enfronte. Os cinco últimos minutos foron un carrusel de ocasións para sentenciar o partido por parte de ámbolos dous conxuntos, pero a falta de sete segundos, cun gol de Martín Alfeirán, o Calvo Xiria acadou o definitivo empate.

1ª División Galega Feminina, xornada 7

  • Resultado: Bm Porriño - Bm. Encaixe (21-19).
  • BM. CAMARIÑAS: Miriam, Laura (1), Cris Barreiro (2), Sara (8), Aida (5), Cristina Caamaño, María (1) (E.I.), Verónica (1), Nerea (1), Cristina Sande, Isabel e Laura Ccastro.

As camariñanas viaxaban con dúas baixas importantes: Karina e a gardaredes Sara por motivos personais. O encontro presentábase a favor do equipo local que están un posto por encima na clasificación. Durante os minutos iniciais o Encaixe foi quen de manter a compostura en defensa ainda que diversos erros foron aproveitados polas locais. En ataque as palilleiras atopaban ocasións claras de gol que non convertían debido as númerosas intervencións da guardameta rival poñéndose as locais cunha diferencia importante no minuto 20 cun 12-4 chegando o descanso cun 14-6.

Na segunda parte a tónica foi outra xa que as do Encaixe convertían eses lanzamentos claros en gol chegando a acortar a diferencia no marcador. Pero o Balonmán Porriño, aproveitando as acción individuais das súas xogadoras, foi quen de quedarse cos dous puntos na casa e deixando un marcador final nun 21-19.

1ª División Galega Feminina, xornada 7

Vitoria do Goldie Xiria-Foto-Nueria Cancela
  • Resultado: Balonmán Ferrolterra - Goldie Xiria (19-24) / (11-12)
  • GOLDIE XIRIA: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 4 , Tamara Pombo 1, Jessica Posse 3, Sara Pombo 5, Cristina Gende 2, Raquel Gómez , Adriana Gómez 1, Patricia García, Marta Regueira 5, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis 2, Ángela Pena e Sheila Ferreiro.
A importancia do encontro para seguir loitando por clasificarse, fixo que as xogadores do Goldie saíran ao campo cun extra de motivación, que se notou especialmente na contundencia defensiva e esta vez encarando aos seus rivais en ataque, no que se trasformou nun dos mellores encontros xogados polo Goldie Xiria contra un rival nada fácil e a domicilio. Saíu máis metido no encontro o Ferrolterra, favorecido polas decisións arbitrais que decantaron os primeiros minutos para as locais cun 4 a 1, pero pronto o Goldie a base de apertar en defensa e boas finalizacións conseguiu igualar o marcador a 8 no minuto 20. Dous lanzamentos exteriores de Natalia poñían as carballesas por diante chegándose ao descanso con un 11 a 12 favorable. Si ben o ataque, hoxe si, estaba a funcionar, faltaba votarlle o resto en defensa para así poder marcar diferenzas. Pechou o Xiria o centro da defensa, onde destacaron Marta e Tamara ante a ausencia de María, e foise facendo co encontro. Quizás a pena foi non aproveitar máis os balóns recuperados para sentenciar antes ao contraataque, pero valiosa vitoria do Goldie que non cede na loita por ese cuarto posto A vindeira semana o Goldie Xiria recibirá ao equipo vigués do Balonmán Labadores.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios