Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga

O Bm. Camariñas esquece a Copa e xa pensa na Liga

Perdeu o Camariñas todas as opcións de meterse na final a 4 da Copa Federación, que se celebrará ao final da liga. Queda xa que logo unha última xornada, onde o Camariñas nada se xogaba, en cambio si, o equipo do Viña Costeira, que veu buscar a Camariñas o billete para a final de copa.

O que si está en plena competición é o Calvo Xiria, que disputaba o segundo derbi provincial consecutivo, desta volta ante un OAR da Coruña que chegaba invito á xa clásica cita do balonmán coruñés na primeira nacional. Moitas gañas por parte duns e outros, e como non pode ser doutro xeito nestas ocasións tamén por parte dos seareiros de ambos conxuntos, sendo un total de 400 persoas as que encheron as bancadas do Pavillón Vila de Noia.

Copa Federación, xornada 3

  • Resultado: Poio-Pontevedra - Balonmán Camariñas (34-34)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (2), Eusebio (5), Jaime, Sergio, Ángel, Borja (10), Catalán (4), Xabi (6), Perón (2), Damián (3), Antelo (2).

O partido foi un toma e daca durante os 60 minutos de xogo, cun total de 68 goles, a máis dun gol por minuto, o que dá a entender o frouxas que estiveron as defensas por parte dos dous equipos. Foi un partido típico de copa e pretemporada onde se seguiron probando cousas e cun empate que en realidade soubo a pouco, pois a última xogada o balón estaba en posesión do Camariñas impedindo o último lanzamento do partido a defensa pontevedresa con tarxeta vermella directa ao defensor, pero xa co tempo terminado, non houbo opción.

O próximo último partido de Copa contra o Viña Costeira de Ribadavia.

Clasificación da Copa Federación de balonmán trala disputa da 4ª xornada

1ª División Estatal, xornada 4

  • Resultado: CALVO XIRIA - OAR CORUÑA (34-24).
  • Calvo Xiria (16+18): Iago [p], Ramón (3), Sergio (9), Zas (6), Mario, Manuel (3), Chimpo (3) -equipo inicial- Martín G.[p], Javier, Calvete, Brais (6), Martín A, Pablo (3), Ruben (1).
  • OAR Coruña 24 (16+8): Ignacio [p], Alfonso (2), Miguel (7), Víctor (4), Xosé (2), Pedro (1), Sergio (1) – equipo inicial – Cristian [p], Bruno [p], Mateu (4), César, Suárez, Camilo, Fabián (3).

O Calvo contaba ca baixa de última hora de Jorge por mor dun golpe nun pé sufrido no adestramento do xoves, e que viña sendo o único xogador que defendía na posición de avanzado do 5:1 carballés ante a lesión ao inicio do mes de setembro de Rubén, que tivo que apurar a súa recuperación para entrar na convocatoria, iso si, con moito menos rodaxe que os seus compañeiros.

Este feito foi fundamental nos primeiros trinta minutos, nos que a igualdade foi a tónica na que se desenvolveu o encontro. A defensa carballesa non atopaba o seu sitio no terreo de xogo e os desdobramentos dos herculinos rompían unha e outra vez o sistema defensivo local, no que tampouco Iago podía facer nada por deter os cómodos lanzamentos dos xogadores do OAR. Pero si no eido defensivo non atopaba solucións si o facía no ataque, con Chimpo marcando e repartindo xogo para os seus compañeiros que con moita mobilidade chegaban unha e outra vez á liña de seis metros con clara vantaxe sobre os seus defensores. Semellaba complicado que o paso polos vestiarios mudase o panorama do partido, e todo indicaba que o partido non tería gañador, o xusto ata ese intre sería o reparto de puntos, ata o derradeiro segundo.

Mais si no que vai de liga o sistema defensivo 5:1 foi o elixido polos carballeses, na segunda metade trocouno polo 6:0 que noutras tempadas moitas alegrías lle ten dado. O resultado foi espectacular, e o conxunto herculino viu como todo o plan que tiña preparado para o encontro se lle viña abaixo. Iago empezou a deter balóns apoiado no traballo do bloque central con Ramón e Brais e nos segundos Manuel e Sergio. Elevar as súas prestacións defensivas permitiron aos verdibrancos correr cómodas contras, e por si isto fose pouco no ataque estático non tiña dúbidas o Calvo Xiria e Zas e Sergio, máximo goleado do encontro con nove goles, eran un enigma indescifrable para os defensores visitantes e os seus porteiros. No minuto 45 as diferenzas a prol dos locais xa se movían entre os catro e seis goles. Con este panorama a impotencia cebouse nos xogadores coruñeses que caeron por unha parte en continuas protestas e desconsideracións cas colexiadas o que provocou exclusións e incluso un cartón vermello directo a Miguel, e por outra nun xogo demasiado duro nos intres finais que non semellaba necesario visto que o partido xa estaba resolto.

Dous puntos os conseguidos nesta xornada que deixan aos carballeses na zona media alta da táboa, mais esta liga non ten parada e a vindeira fin de semana haberá máis balonmán no Vila de Noia, xa que o sábado ás 18:00 horas recibirán a visita do Bm. Pabellón Ourense.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios