Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición

O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición

Gañou de novo o Balonmán Camariñas o seu segundo partido de 4 disputados da Liguilla de Ascenso. E era un partido, a priori complicado, pero volvía vencer sen convencer o cadro conserveiro.
O Camariñas aínda non colleu a forma que ostentaba na primeira fase, pero vai camiño diso, xogadores ata agora determinantes, aínda non colleron o seu ritmo habitual de xogo e por iso ao Conservas Boya. estalle custando gañar os partidos, tal e como facía na primeira parte do campionato. En casa resólvese de forma moi práctica, pero nos desprazamentos falta aínda a concentración do inicio da liga.

Ademais, retomábase a liga de 1ª Estatal logo do parón por mor do Mundial e o facía para oo Calvo Xiria nunha pista moi complicada, a o do Municipal de Chapela, na que logo dunha dura e inxusta batalla caía por unha diferenza de catro goles lograda polos locais nos derradeiros cinco minutos.

1ª Autonómica, xornada 12

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Rasoeiro O Grove (33-27).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Marcos Bao (3), Quin (1), Borja (7), Catalán (7), Jacob, Perón (2), Damián, Antelo, Fran Varela (3), Pereiro, Carlos Pereiro (3).

O partido deste sábado dominouno o Camariñas de principìo a fin, pero non puido nunca distanciarse, pois o Rasoeiro moitísimo oficio mantívose sempre no partido, aínda que nunca se puido poñer por diante no marcador. Destacar como mellor xogador do Camariñas a Catalán que hoxe xogou de central pola baixa de Moncho.

1ª Estatal, xornada 15

  • Resultado: SOLLA Y CÍA CONSTRUCCIONES SL - CALVO XIRIA (33-29).
  • Calvo Xiria (16+13): Iago [p], Ramón (2), Jesús (1), Chimpo (7), Cuco (2), Manuel (2), Sergio (5) -equipo inicial- Naya [p], Jorge, Pablo (3), Dubra (4), Brais, Mario, Gonzalo (3).

Partido no que os carballeses por unha parte sentiron a baixa de Álex na súa parcela defensiva na que se viron superados pola capacidade de lanzamento de Vidal e a velocidade de Roberto, autores cada un deles de nove goles, e por outra aproveitaron a alta de Pablo en labores ofensivas para darlle descanso aos xogadores de primeira liña do Calvo Xiria e deste xeito manter un ritmo máis alto nos seus ataques, acadando moitas situacións para lanzamentos sinxelos, o que nas próximas xornadas pode ser vital para as aspiracións do Xiria.

Nada se lle pode reprochar aos xogadores carballeses que deixaron todo o que levan dentro neste encontro, cun resultado que para nada fai xustiza ao visto no pavillón redondelán. O encontro tinguiuse dende o inicio de cor negra, a dos colexiados neste encontro, xa que foron os que mantiveron no encontro ao Chapela nos momentos complicados que tivo, impedindo ao conxunto visitante marcharse no marcador e deste xeito poder controlar o ritmo do encontro ao seu antollo.

Unha mágoa esta influenza pero de seguro que os verdibrancos seguiran loitando no que queda de tempada por achegarse aos postos máis nobres da clasificación.

Destacar polo bando carballés a Sergio Facal, Iago e Chimpo.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica: O próximo fin de semana xogará o Conservas Boya no Pabellón vigués de Coia contra o Seis do Nadal, que agora marcha prácticamente igualado na clasificación xeral.
  • 1ª Estatal: A vindeira xornada o Calvo Xiria de novo xogará lonxe do Municipal Carballés. Deste volta será en Bueu, ante un rival que se xoga moito en cada un dos envites que lle restan de aquí ao final da tempada.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

  • Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
  • O Balonmán une Camariñas.
  • Carballo: Isto é balonmán.
  • Fonte

    • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

    Comentarios