Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título

O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título

Boa e importante vitoria do Balonmán Camariñas ante a visita dun líder que viña imbatido e coa vitola de favorito. Pero os conserveiros fixeron un impresionante primeiro tempo que lles permitiu sumar unha vitoria que os achega ao título e ao ascenso.br/>O Bm. Camariñas queda 3º na Liga polo Título e polo Ascenso, con 8 puntos, empatado co 2º, o SAR, e a 2 do propio Balonmán Pontevedra.

Mentres, na 1ª Estatal, e ante 400 seareiros, volvía o Calvo Xiria ao Vila de Noia, onde non xogaba dende o parón de Nadal. E a ocasión non semellaba sinxela para os seus intereses pois a súa defensa semellaba perder enteiros por mor das baixas de Álex e Cuco na parcela central e tampouco o rival era dos máis sinxelos, precedendo na clasificación aos carballeses, iso si, cos mesmos puntos. Ao final, empate ante o Sedona, coa destaca participación de Ramón, Manuel e Pablo.

1ª Autonómica, xornada 6

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Bm. Pontevedra (28-25).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari, Fran Varela, Quin (3), Borja (5), Catalán (6), José Ramón (2), Jacob (1), Xabi (4), Perón (7), Damián, Antelo, Carlos Pereiro.
Un primeiro tempo que nin o máis optimista soñou, puxo ao Camariñas 10 arriba ante . O Conservas Aboiar defendeu e saíu con determinación ao contraataque, ante a desesperación do rival, que continuamente protestaba todas as xogadas, no ataque estático resolveu perfectamente a primeira liña local con Catalán e Perón como destacados e un inconmensurable Victor baixo os paus. O segundo tempo, xa tomou outro cariz, a defensa aberta dos pontevedreses fíxolle dano aos locais, pero a diferenza no marcador era suficiente aínda que se foi reducindo, cando interviñeron as colegiadas que con decisións que tocaban o absurdo, meteron ao Vitaldent dentro do partido, chegando a igualar e ata poñerse un gol por diante. Pero os conserveros, a base de pundonor e levados pola aficción, que en ningún momento deixou de animar, lle hiceron un 4-0 nos minutos finais, que serviron para facerse con dous puntos de ouro. O próximo fin de semana, outra final contra o Carballal vigués.

1ª División Estatal, xornada 17

  • Resultado: CALVO XIRIA - MAGOPE SEIS DO NADAL COIA (30-30).
  • Calvo Xiria 30 (14+16): Kike [p], Ramón (4), Jesús (1), Chimpo (6), Sergio, Manuel (4), Dubra (3) -equipo inicial- Iago [p], Jorge, Pablo (10), Calvete, Brais, Gonzalo (2), Mario.
  • Os primeiros cinco minutos foron un paseo para os ataques, con dous equipos que non funcionaban en defensa e daban todas as facilidades, e máis, aos lanzadores. Co paso dos minutos asentáronse ambos no terreo de xogo e o equilibrio foi chegando aos dous equipos, tanto nas dúas parcelas do xogo como no electrónico. Moi boas accións por parte duns e outros, cun xogo dinámico favorecedor do colectivo sobre as individualidades, fixeron vibrar ao público no Municipal Carballés, que non se quixo perder o que foi un grandísimo partido de balonmán.

    Non foron tampouco suficientes as vantaxes que colleron uns e outros no segundo acto, catro goles, o suficiente para darlle o papel de favorito a un ou a outro. Con esa sensación de igualdade máxima chegouse aos derradeiros cinco minutos. O Calvo Xiria non foi capaz de manter a renda ca que entrou nese período nin Magope de tirar proveito dunha superioridade 4 contra 6 no derradeiro minuto. Con estas non quedaba outra opción máis que firmar táboas e reparto de puntos que leva aos carballeses a oitava posición pero a un só punto do cuarto clasificado.

    Dende logo gran encontro por parte do Calvo Xiria no que non so tivo que loitar contra as baixas e contra un gran conxunto senón que se tivo que sobrepor a unha infame arbitraxe dos irmás Eiras Abalde, algo que xa ven sendo habitual cada vez que impoñen (in)xustiza en terras carballesas.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Máis novas

  • Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
  • O Balonmán une Camariñas.
  • Carballo: Isto é balonmán.

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios