O Bm. Xiria, Campión da Copa Cadete
Campións da Copa Federación en categoría Cadete Masculina de División de Honra. Aí é nada. A canteira do Balonmán Xiria segue demostrando o seu potencial, e desta volta, o Grupo Lemaco Xiria se alzou co título ao derrotar ao Bueu Atlético Balonmán, campión da Liga Galega, nun partido sobresainte en todas as facetas, no que os carballeses amosaronse moi superiores ao seu rival dende o inicio.
Falamos ademais dun premio que vai recibir a familia Xiria de nival nacional, dos infantís campións de baloncesto, e das Escolas de Verán, que están a ter unha resposta fantásticas.
Final Copa Federación División de Honra Cadete Masculino
- Resultado: BUEU ATL. BALONMÁN - GRUPO LEMACO XIRIA (35-51).
- Grupo Lemaco Xiria (23+28): Antonio, Carlos (9), Gabriel (6), José (8), Dani, Iván (7), Juanca (14) – Equipo inicial – Álex, Andrés (2), Souto, Tito, Borja (2), Alberto (2), Diego (1).
Os bergantiñáns comezaban o encontro cunha alta intensidade e en poucos minutos asinaban un 1-4 que obrigaba ao adestrador pontevedrés a solicitar o seu primeiro tempo morto. De pouco serviría este xesto, xa que o Grupo Lemaco ampliaría paulatinamente a súa diferencia no electrónico (3-9 e 4-13) apoiandose nunca velocidade endemoniada no seu xogo. A intensidade defensiva dos verdibrancos e a pouca precisión nos lanzamentos amosada polos de Bueu nestes primeiros minutos eran as claves para que os de Xiria acadaran esta ampla diferenza, apoiandose no seu letal contragolpe. Os de Carballo, moito máis metidos no partido, xogaban de forma sinxela e disciplinada no seu ataque, a través dos procedimentos entrenados e, coa velocidade de balón como o seu máximo expoñente, atopaban os espazos efectivos cara ao lanzamento. A defensa dos locais viuse superada no día de hoxe en todo momento e non foron capaces de frear tanto as accións individuais como o xogo colectivo do seu rival. Ao descanso, o 16-23 que reflectía ó marcador poñía as cousas moi a prol dos carballeses, aínda que faltaba moito por xogar, dada a calidade e a identidade do rival.
Na reanudación, os locais sairon cunha marcha máis, sabedores de que o tempo xogaba na súa contra e de que a final se lles estaba escapando de xeito claro. A pesar deste feito, o Grupo Lemaco estábase a amosar como un equipo maduro e concentrado e non se deixaría amilanar polos novos folgos do Bueu. Pola contra, continuaban os de Carballo a competir de xeito impecable, comandando o encontro con absoluta autoridade. Os primeiros minutos desta segunda metade foron un toma e daca, onde os ataques de ambos equipos impoñíanse ás defensas rivais, pero neste xogo os bergantiñáns tamén tiñán as de gañar, dada a vantaxe da que gozaban no marcador. Foron apenas dez minutos de loucura, onde cada ataque anotábase como gol, pero a partir de aquí, os verdibrancos voltaron a axustar a súa defensa e romperon definitivamente o partido cunha renda de 12 goles a falta de dez minutos. Os derradeiros momentos do envite foron unha festa, os de Bueu baixarían definitivamente os brazos e os de Xiria, cheos de algarabía, perderían toda a tensión acumulada durante os cincuenta minutos previos, feito que aproveitarían os locais para engrosar a súa conta goleadora ata os 35 goles. O xúbilo estalaba co asubío final e ó orgullo colectivo cando o capitán Iván Calvo levantaba a copa, entregada polo presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Luís Pérez Ouro. O Grupo Lemaco, era o novo Campión de Copa, un broche de ouro para unha excelente tempada dos cadetes das Escolas de Balonmán Xiria.
Un premio de índole estatal
Luciano Calvo Pumpido, na categoría de directivos (Empresa Grupo Calvo e Patrocinador de Escolas Balonmán Xiria), será galardonado pola Real Federación Española de Balonmano coa Medalla e Insignia de Prata ao Mérito Deportivo. Os premios entregaranse o vindeiro 13 de xuño en Ciudad Real, co gallo da Asemblea Xeral da RFEBM (Asemblea da que Escolas Balonmán Xiria é membro) e cos partidos das estrelas, tanto en categoría masculina como feminina.
Gran acollida ás Escolas Deportivas e Culturais Xiria - Verán 2014
Moi boa acollida da "21ª Escolas Deportivas e Culturais de Verán" que organiza, durante os meses de xullo e agosto, Escolas Balonmán Xiria, nas instalacións do CEIP Fogar. Das 250 prazas ofertadas tan so quedan 75 dispoñibles. Até o 13 deste mes o prezo é de 75 € (un mes) e 130 € (os dous meses). Despois desa data incrementarase o prezo en 10 € por mes. Unha vez cubertas as prazas farase anuncio público.
Os Infantís, campións en basket
Esta mañá de mércores tivo ademais acto de entrega do trofeo da Liga Galega Infantil masculina de baloncesto que vén de gañar o Basket Xiria. Na cita estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; os concelleiros de Deporte e Promoción Económica, Marcos Trigo e Xosé Regueira; Luciano Calvo, en representación dun dos patrocinadores do club, Conservas Calvo; e o equipo técnico xogadores e familiares do equipo.
Novas relacionadas
- O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- A familia Xiria prepara un verán de Balonmán.
Fonte
- Bm. Xiria.