O BNG fisterrán pide a recepción da SD no Concello tralo ascenso á 1ª


Moitos concellos están recibindo aos clubes que veñen de acadar éxitos esta temporada no fútbol costeiro. Hoxe o BNG fisterrán, que antes de nada felicita aos xogadores, corpo técnico e directiva, considera que o Concello debe organizar unha recepción ao clube de fútbol tralo seu ascenso á 1ª Autonómica. I é que xa pasa dos 10 anos dende que a SD non disfrutaba de esta categoría, e de aí a importancia do feito.
Apunta ademais o voceiro local Modesto Fraga, que "na presente tempada, dadas as dificultades que a actual directiva tivo desde o principio tanto para lograr financiamento (sponsor, axudas, captación de socios, etc) como para xuntar o necesario capital humano (xogadores, técnicos, preparadores) co que poder dotar de contido as diferentes categorías e seccións, fan que o mérito do ascenso sexa aínda maior e, xa que logo, urxa recoñecelo oportunamente".
O BNG local lembra que "a S.D. Fisterra foi, desde sempre, un dos grandes clubs do panorama futbolístico costeiro, como así o demostran as súas ateigadas vitrinas de títulos (varias Ligas da Costa, Copas, finalista da Copa de Galicia, etc) e chegando incluso a militar dúas tempadas na 3ª División Nacional a carón de equipos de tanto prestixio futbolístico coma o Lugo, o Fabril ou o Rácing de Ferrol, entre outros".
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.