O Campionato Galego de asfalto decídese no Ribeira Sacra
A última proba Campionato Galego de Ralis terá lugar esta fin de semana coa disputa do IV Ourense - Ribeira Sacra. Cun percorrido de 432'91 kilómetros, estará composto por cinco tramos, cun total de 9 especiais cronometradas, dividido en dúas etapas. O venres terá lugar o tramo de Castro de Beiro a unha única pasada, tendo lugar na mañá do sábado dúas ás especiais de Maceda - Baldrei e San Miguel - Luintra, e percorrendo pola tarde Caxide - Cerreda e Vilanova - Luintra, completando deste xeito un total de 84,54 km cronometrados.
Mapa xeral do Rally de Ribeira 15. Máis información, pinhando na imaxe en Pé á Chapa RacingNa lista de inscritos atopámonos, ademais de Alejandro Pais e Alberto Meira, ambos con Mitsubishi Lancer Evo X e que se xogaran o título nesta proba, a Iván Ares e Pedro Burgo, con Porsche GT3 2010, Tino Iglesias e Iago Caamaño, con Ford Fiesta R5, ou ao subcampión do mundo da categoría de produción, o andorrano Joan Carchat.
Ademais do campionato absoluto, neste rali decidiranse varias das copas de promoción. No Volante FGA, a loita estará entre Fran Oviedo, Héctor Forneiro e Dani Castro, aínda que este último non depende de si mesmo. Na Pirelli AMF, a vitoria final estará entre Rubén Fernández e Álvaro Pérez, mentres que na Promoción Stark Box a pelexa será entre Daniel Berdomás e Antón Pérez Fojón.
Pais e Meira xogaranse o título nesta última cita do campionato - Fotos-Cristian Fernández - Pá á Chapa RacingPresencia costeira
Entre os inscritos atopámonos ao ceense Heri Atán, desta vez acompañado por Jennifer Vázquez, tratará de trocar a mala racha de resultados:
Moitas cousas novas que fan que volvamos a empezar de cero, e como todo o que empeza de cero, hai que ir coa máxima precaución. Despois do golpe encontramos demasiados erros no coche que o facían realmente difícil de conducir, e que penso que quedaron solucionados, e polo pouco que puiden probar, creo que iremos moito mellor. Outra cousa nova é a copiloto, que xa me demostrou nos recoñecementos unha rápida adaptación e ganas de aprender.
Obxectivo: rematar esta nefasta temporada con bo sabor de boca e preparar un proxecto para a próxima temporada.
Dende Que pasa na costa desexámoslles sorte a ambos e estaremos atentos a cómo lles vai nesta última proba do campionato.
Novas relacionadas- Ares gaña nun Rali de Madrid cun bicampión costeiro.
- Iván Ares vence un Rally San Froilán con presencia costeira.
- Vitoria para Iván Ares no Comarca da Ulloa.
- Volven os ralis e volve QPCMotor.
Fonte
- Sergio Dosil para QPC Motor ([email protected]).