Xoves. 19.09.2024
El tiempo

O Campus de Verán do Atlético de Madrid tamén terá parada en Dumbría

O Campus de Verán do Atlético de Madrid tamén terá parada en Dumbría
O Campus de Verán do Atlético de Madrid tamén terá parada en Dumbría

Xa foi presentado no Pazo dá Peregrina do Concello de Ames o Campus de verán de tecnificación da Fundación Atlético de Madrid. Unha fundación moi vencellada á Costa da Morte despois do éxito da Escola de Tecnificación na Costa da Morte, que mesmo acabou por provocar o nacemento dunha peña colchonera.

Na presentación citáronse os máximos responsables deportivos da Fundación, Manuel Sánchez (ex-xogador do Atlético de Madrid e a Selección Española) e Carlos Sánchez Aguiar (ex-adestrador do Atlético de Madrid e Atlético de Madrid B entre outros); así como os representantes dos Concellos colaboradores na organización dos Campus.

A experiencia vai dirixida a todos os nenos e nenas de entre 4 e 17 anos aos que lle guste o fútbol e teñan ganas de aprender e divertirse. As sedes que acollerán a iniciativa serán Santiago de Compostela (30 de xuño a 5 de xullo), Ames (7 a 12 de xullo), ambas en modalidade de xornada completa (10:00am a 18:00pm), Dumbría (14 a 19 de xullo) e Sanxenxo (21 a 26 de xullo), estas en modalidade de media xornada (09:30am a 14:00pm).

Pese a que a práctica sobre a que se sustenta o programa é o fútbol, sen esquecernos do adestramento específico de porteiros, tamén haberá lugar para actividades de piscina, xogos tradicionais e outros pasatiempos.

Inscricións

A inscripción permanecerá aberta ata cumprir o límite de 70 inscritos ou cinco días antes de comezar a sé correspondente. Dita matrícula inclúe unha indumentaria oficial dos Campus do Atlético de Madrid, tentempié a media mañá, diploma acreditativo, ficha valorativa técnica e antropométrica, foto de recordo e moito máis (os Campus de Santiago e Ames, dado que serán en modalidade de xornada completa incluirán tamén a comida).

Para información e inscripciones poñerse en contacto cos teléfonos 696449023 (Héctor Antelo, coordinador do Campus) ou 913642234 ou ben mediante email en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

O Campus de Verán do Atlético de Madrid tamén terá parada en Dumbría

Comentarios