O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil

08:13 27/05/14

Por primeira vez na historia da Escola Basket Xiria e do baloncesto carballés, o Carballo Basket proclamouse campión galego na categoría infantil no último partido da tempada, no que se impuxo ao Estudiantes de Lugo por 72-56.
Ademais de acadar un título histórico, o equipo carballés representará a Galicia no Campionato de España de Clubs, que se disputará en Cambados, e no que terá como rivais aos mellores equipos da categoría de todo o Estado.
O Campión
Este é o plantel do campión galego:
- Entrenador: Arturo Ferraces Martínez.
- Axudante: Héctor Añón Rodríguez.
Xogadores (anos 2000-2001):
- Dorsal 5. Jorge Mato Andrés (base).
- 7. Iago Caamaño Serra (escolta).
- 11. Roi Navarro Sánchez (aleiro).
- 14. Martín Vidal Otero (pívot).
- 15. Anxo Estany Gómez (ala-pívot).
- 19. Javier López Pardo (escolta).
- 20. Luciano Calvo Eirís (aleiro).
- 24. Enrique Melini Pose (base).
- 25. Alejandro Estramil Reyes (aleiro).
- 45. Javier Souto Pallas (ala-pívot).

Novas relacionadas
Fonte
- Carballo Basket.