Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte

O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte
Pouco se fala de bicis na Costa da Morte. Algunha que outra actividade de mountain-bike, como a que organiza, xa con éxito de participación, o Concello de Dumbría de cara ao vindeiro mes. Pero pouco máis. Que hai da bici como afección? Que hai da bici como transporte? A semana pasada coñeciamos un dos puntos con carril bici da zona, pero é que a súa potencialidade nunha zona como a nosa é tremenda. Pequenas vilas alonxadas por distancias de 3, 5 e ata 10 km (sempre que a orografía e o tempo o permita) poden quedar completamente unidas cun sinxelo carril. E ben agradecidos que estarían xentes como Estevo Lema (á esquerda) e compañía, que cada semana disfrutan da súa afección polas perigosas estradas da bisbarra. I é que cada día son máis os veciños que sacan as súas bicis de "carretera" para rodar e rodas, a pesar de que non son, moitas veces, moi entendidos... "Teño unha grande afección pola bici e na comarca hai moita, moita máis do que a xente pensa. Ademais debemos mellorar a conciencia da xente respecto ao ciclista. Moitas veces tes que escoitar nas tabernas comentarios como "Eses seres raros e disfrazados que se botan ao monte e pola carretera a romper o corpo e a estorbar", comentarios que tes que soportar e que non contestas para non baixar a súa altura da ignorancia", explica Estevo. E con estes apuntes, Estevo quere deixar claro que na Costa da Morte hai máis que fútbol. Que llo digan aos deportistas do mar (que se piragüistas, os da vela, os do remo...), as motos de trial, as de cross, os que corren, o voleibol, o balonmán ou o tenis de mesa, deporte que precisamente practica o propio Estevo, do que é ademais adestrador do único clube da Costa da Morte, o Anorthosis.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios