venres. 08.11.2024
El tiempo

O circuíto de Bértoa servíu de pistoletazo de saúda para o Campionato Galego de Autocross

O circuíto de Bértoa servíu de pistoletazo de saúda para o Campionato Galego de Autocross
Autocross de Carballo-Foto-Luis Gonzalez 1 Autocross de Carballo-Foto-Luis Gonzalez Comenzou con retraso o Campionato Galego de Autocross. A estas alturas, si miramos para anos anteriores, xa se debían ter disputadas dúas carreiras, a inaugural de Santa Comba e a de Arteixo. Nesta tempada os xalleiros renunciaron a data habitual, o redor da Semana Santa, para optar polo primeiro sábado de setembro. Así quedaba como proba inaugural a de Arteixo, fixada para o 24 de marzo. Pero debido a coincidencia con outra actividade deportiva na localidade optouse polo seu aprazamento. Desta forma o 9º Autocros de Carballo, organizado pola Escudería Máis Motor, convertíase na proba inaugural da tempada automovilística en terra. Así tamén se produce un cambio de tendencia. Na última década o grueso das probas eran antes do verán, e nesta tempada, sólo tres serán nesa época, quedando cinco para disputarse entre setembro e novembro.

Gran acollida

Autocross de Carballo-Foto-Luis Gonzalez Publico Numeroso Publico no circuito de Bértoa-Foto-Luís González O circutio de Bértoa acolleu a numeroso público, que disfrutaron coa boa participación e coas imaxes espectaculares que deixaron os coches, gracias ademais ás boas condicións climáticas, aínda que un forte e intenso chubasco duns 20 minutos de duración previo a disputa das finales deixou o circuito moi complicado especialmente para os kartcross que abrian as finais.

Os gañadores

Foto-Luís González Non fallaron os favoritos:
  • -1.600 cc. (Clase I) Pedro Calvo Martínez, da Peña Autocross Arteixo, con Citroen Saxo.
  • +1.600 cc (Clase II) Daniel Señarís Añón, da escudería Galicia Motorsport, con Daewoo Lanos.
  • Kartcross (Clase III) Iván Ares Roel (actual Campión de España de Rallys de Asfalto) da escudería Ares Racing, aos mandos de Semog Bravo.
  • Supercrosscar 4x4 (Clase IV) Perfecto Calviño de Ya-Car Racing con Ford Fiesta Proto.

A análise

Autocross de Carballo-Foto-Luis Gonzalez 4 Foto-Luís González Cómpre destacar a boísima participación cuns 65 pilotos inscritos. Como sempre a máis numerosa a de Kartcros que este ano tiñan como novidade as monturas RX01 de La Base Motor club, que ademais corrian na casa, con moita espectación. A teor dos resultados, un 4º posto con Juan Vilariño, e un 9º con Carlos Lamarke, parece que aínda lle queda camiño por recorrer respecto a outras monturas máis afianzadas como Ya-Car Cross, que meteu seis pilotos nas finais e dous no podium. En turismos haberá que esperar a como discurre o campionato, pero parece que se repiten os problemas do ano anterior. Só aguanta o tipo en participación a categoría de +1.600 cc. A de -1.600cc. ainda que salvou os mobles en Carballo, cunha final de oito coches, e decimos salvou os mobles porque na tempada pasada, salvo en Arteixo, as finais eran cunha media de seis coches e esperando a que pilotos doutras categorías poideran cambiar de montura. A categoría de Supercross Car, máis cunha final foi un man a man, un duelo. Por unha banda, Perfecto Calviño con Ford Fiesta Proto contra o Sandra García con Peugeot 208 Proto, o cal se lle acabou o interés cando a tres voltas para a final Sandra tivo problemas mecánicos. E por outra os BMW 325 de Victor Ordoñez e Alvaro García, que se levou o primeiro. É unha pena que unha categoría tan espectacular e tan atractiva no Campionato de España, non teña demanda de pilotos no Campionato Galego. Esperemos que se vaian sumando históricos como Diego Mantiñan, Tito Rodriguez, Alex Riveiro ou Santiago Ares.

Vindeira cita

A próxima cita o 19 de xuño en Arteixo, a “catedral” española do automovilismo sobre terra en circuito.

Fonte

  • José María Suárez para QPC.

Comentarios