O Circuito de Marlán acolle unha nova proba do Campionato Galego de Autocross
07:18 01/04/16
Santa Comba volve ser sé dunha proba do XXXII Campionato Galego de Autocross. Xa o ano pasado a proba foi un exito tremendo e este sábado 2 de abril esperan que centos de persoas ateiguen o circuito de Marlán.
As clasificacións serán a partir das 12:30h, e as semifinais e finais a partir das 15:30.
Fonte
- Concello de Santa Comba.