O Club Triatlón Costa da Morte, a un paso do Circuíto Galego de Dúatlon Cross 2017
07:52 24/01/17
O Club Triatlón Costa da Morte en Maside
Arrincou forte a tempada e non para. O Club Triatlón Costa da Morte volvía conseguir un éxito na segunda proba puntuable para o circuito de Duatlon Cross da Fegatri. Nesta ocasión voltaron de Maside co 2º posto en categoría absoluta Masculina, acadado polo vimiancés David Calzas, e co 3º posto na xeral de clubs, puntuando David, Fran e Gabriel. Tamén se desprazaron a Maside Arturo, Jairo, e José, conseguindo uns excelentes resultados.
David Calzas 2º no podio do duatlón de MasideÚltima proba do Circuito
Unha vez que o Circuíto Galego de Dúatlon Cross 2017 está formado por tres probas, só queda unha proba para rematar o circuito que terá lugar en Candeán a próxima fin de semana. Todo está aberto, e decidirase a xeral da liga tanto no apartado individual como de equipos.
Novas relacionadas
- Xaneiro 17: O club Triatlon Costa da Morte triunfa na primeira proba do Circuito Galego.
- Abril 16: Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Os creadores do Duatlón Cros de Reis de Vimianzo recordan as súas orixes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).