O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut



Rematou a Liga de Xadrez para o club Cabo Touriñán. Os xogadores muxiáns e corcubioneses remataron nunha estupenda 3ª praza, mantendo a posición a pesar da derrota da última xornada. Dende o seo do club consideran esta temporada de debut como moi positiva xa que conseguiron salvar a categoría con tres roldas de marxe.
Finalmente, ascende a 1ª División o Nemenzo, e descenden Keixo de Arzua, Ames e Pousada das Ánimas de Boiro.
Liga, 2ª División, Grupo C, rolda 12
- Resultado: USC - Cabo Touriñán (2,5-1,5)
- Resultados por taboleiros:
Angelo Cassar - José Soneira 1-0;
- Ramón Fernández - Ramón Franco 1-0; Javier González - Santiago Pérez Haz 1/2-1/2;
- Carlos Descalzo - Santiago Pérez Martínez 0-1.
José Soneira rexeitou as táboas ofrecidas polo seu rival xa que tiña ventaxa de dous peóns nun final de alfiles de distinta cor e torre, pero tras cometer dous erros metiuse nunha posición perdida. Como anécdota se Soneira acepta as táboas o USC baixaría a 3ª división xa que o Pousada das Ánimas gañou o seu encontro por 3,5 - 0,5.
Ramón Franco realizou un arriscado sacrificio de cabalo que resultou incorrecto e con peza de menos terminou por perdela partida.
Santiago Pérez Haz conseguiu ventaxa dun peón e chegou a un final de torres complexo que rematou en táboas por repetición de posición. Na última partida, o propio Santi sorprendeu ao seu rival na apertura e logrou ventaxa material e de ataque dando xaque mate na xogada 20.
Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.Novas relacionadas
- O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza.
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez.
- O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).